Santa Uxía de Mougás é unha parroquia que se localiza no concello de Oia. Segundo o IGE, no 2022 tiña 718 habitantes (365 homes e 353 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 540 habitantes. O seu xentilicio é mougalés/esa. Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

miniatura|Pedra Rubia. miniatura|esquerda|Pía de Mougás.

Patrimonio miniatura|Igrexa parroquial de Santa Uxía. Nesta parroquia apareceu a chamada Pía de Mougás, unha pedra labrada cunha inscrición latina que fala de sacrificios. Na actualidade consérvase no Museo de Pontevedra. Ademais diso, na parroquia existen varios castros prerromanos e diversos petróglifos, destacando o conxunto da Cabeciña.

Na igrexa parroquial atopouse unha lauda prerrománica e unha talla de madeira gótica que representa á Virxe co Neno, conservada no Museo de Pontevedra. O templo, de tres naves, ten a súa orixe no século X, pero foi reformada nos s. XVI e XVIII.

Na localidade do Porto ten a súa sede a Orde Migueliana. miniatura|Cabalos nos montes de Mougás.

O curro de Mougás, que se celebra o segundo domingo de xuño é un dos máis populares de Galicia.

A banda de música Unión Musical de Mougás foi creada en 1880.

Lugares e parroquias Lugares de Mougás

Parroquias de Oia

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Oia Ligazóns externas Mougás na páxina da Diocese de Tui-Vigo.

Categoría:Parroquias de Oia Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Uxía