Es Bòrdes (Las Bordas de 1877 a 1982, Les Bordes de 1982 a 1984) é un concello do Val de Arán, na provincia de Lleida. Está situado no terçon de Irissa, na confluencia dos ríos Garona e Eth Joèu, na fronteira con Francia.

Tiña en 2014 unha poboación de 234 habitantes, repartidos en 4 entidades de poboación: Arró, Begòs, Benòs e Es Bòrdes.

Cabe destacar Era Artiga de Lin, monte cun santuario e un refuxio de montaña, e a igrexa da Mair de Diu deth Roser.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial

Bordes