Veronica Guerin, nada en Dublín o 5 de xullo de 1958 e finada en Dublín o 26 de xuño de 1996, foi unha xornalista irlandesa.
Traxectoria Traballou nos xornais Sunday Bussines Post e Sunday Tribune. En 1994, ela comezou a escribir no xornal Sunday Independent sobre os criminais. Empregou pseudónimos para evitar denuncias por difamación.
Cando Guerin comezou a escribir sobre traficantes de drogas, recibiu varias ameazas de morte O'Reilly, Emily: Veronica Guerin: The Life and Death of a Crime Reporter. Vintage, 1998. ISBN 0-09-976151-3. O 30 de xaneiro de 1995, despois de escribir un artigo sobre Gerry "O Monxe" Hutch, como unha advertencia, foi disparada na perna por un pistoleiro contratado por John Traynor . O 13 de setembro de 1995, Veronica foi brutalmente agredida polo traficante John Gilligan ao intentar facerlle unha entrevista. Máis tarde John ameazou con secuestrar e violar o seu fillo Cathal.
O 26 de xuño de 1996 Guerin foi asasinada por uns traficantes de droga mentres conducía o seu automóbil, parada nun semáforo, nunha das partes máis concorridas da cidade.
Notas
Categoría:Xornalistas de Irlanda Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Nados en Dublín Categoría:Xornalistas asasinados