200px|dereita Iain Menzies Banks, nado o 16 de febreiro de 1954 en Dunfermline e finado o 9 de xuño de 2013 en North Queensferry, foi un escritor escocés de novelas de literatura xeral baixo o pseudónimo de Iain Banks e de ficción científica como Iain M. Banks.

Traxectoria Seu pai foi un oficial no almirantado, e a súa nai foi nunha ocasión unha patinadora sobre xeo profesional. Sendo un neno a súa familia mudouse para a viliña de North Queensferry, na ribeira norte do estuario do Forth, onde se estableceu. Estudou o bacharelato en Greenock, no oeste do país, e posteriormente lingua inglesa, filosofía e psicoloxía na Universidade de Stirling.

Posteriormente mudouse a Londres, onde tivo distintos empregos que lle daban tempo de empezar a escribir. A súa primeira novela, The Wasp Factory, sobre os traumas dun mozo, rematouna con trinta anos e converteuse nun fulgurante éxito no mercado británico. A partir desta novela escribiu varias máis, de ficción contemporánea, mentres desenvolvía un alter ego, Iain M Banks, que á súa vez publicaba novelas de ciencia ficción. Moitos dos seus libros de ficción científica están baseados no universo de a Cultura (unha poderosa civilización de varias especies vivindo na nosa galaxia). A novela The State of the Art rexistra a chegada da Cultura ao planeta Terra.

Cando tivo éxito como novelista dedicouse profesionalmente á literatura, escribindo novelas en tres meses a ritmo intenso e descansando durante o resto do ano en North Queensferry.

Ideoloxía Banks era socialista, pro-laico e independentista escocés. Rexeitou o galardón da Orde do Imperio Británico. A finais de 2004 Banks foi membro destacado dun grupo británico, composto por políticos e figuras dos medios, que fixo unha campaña para acusar ao primeiro ministro, Tony Blair, de prevaricación trala invasión de Iraq en 2003. En protesta por esta invasión, rompeu o seu pasaporte e enviouno ao 10 de Downing Street.

É membro de honra da National Secular Society, unha asociación británica que promove o laicismo.

Vida persoal Casou en 1992 cunha compañeira de traballo e permaneceu casado durante 25 anos. Nas últimas semanas da súa vida casou por segunda vez coa tamén escritora Adele Hartley, coa que levaba anos compartindo a vida.

En abril de 2013 anunciou que tiña un cancro de vesícula biliar e que lle quedaban poucos meses de vida. Faleceu nese mes de xuño.

Tiña unha gran colección de coches deportivos e de luxo, que acabou por vender enteira.

Bibliografía Ningunha das súas novelas foi traducida ao galego.

Como Iain Banks escribiu The Wasp Factory, (1984) Walking on Glass, (1985) The Bridge, (1986) Espedair Street, (1987); adaptada para a radio (BBC) en 1998 (dirixida por Dave Batchelor) Canal Dreams, (1989) The Crow Road, (1992); adaptada para televisión (BBC) en 1996 (dirixida por Gavin Millar) Complicity, (1993); filmada no ano 2000 (Complicity, dir. Gavin Millar]]); a edición en vídeo nos Estadous Unidos titúlase Retribution Whit, (1995) A Song of Stone, (1997) The Business, (1999) Dead Air, (2002) The Steep Approach to Garbadale, (2007) Transition, (2009) Stonemouth, (2012) The Quarry, (2013), publicación póstuma.

Como Iain M. Banks En moitas das súas obras de ficción científica trata dunha grande organización pangaláctica chamada A Cultura, descrita con gran luxo de detalle: Pensade en Flebas (1987) O xogador (1988) The State of the Art (colección, 1989; non todas as historias tratan da Cultura) O uso das armas (1990) Excesión (1996) Inversions (1998) (fai referencia implicitamente a que os protagonistas son cidadáns da Cultura) Look to Windward (2000)

Outras novelas de ficción científica que non pertencen á serie da Cultura son: Against a Dark Background (1993) Feersum Endjinn (1994) The Algebraist (2004)

Relatos de ficción científica

Banks escribe poucos relatos curtos, pero publicou un libro recompilatorio baixo o nome Iain M. Banks:

The State of the Art (1989) contén tanto ficción científica como traballos menos catalogables de ficción.

Non ficción Raw Spirit (2003) é un documental de viaxes por Escocia e as súas destilarías de whisky.

Banks é considerado en moitos círculos como o iniciador, coa súa serie da Cultura, da chamada nova space opera británica.

Citas

Premios Premio da Asociación Británica de Ciencia Ficción por Feersum Endjinn e por 'Excession. Tamén foi nomeado a ese galardón por The Player of Games, por Inversions, e tamén por Use of Weapons Nomeado ao Premio Arthur C. Clarke por Use of Weapons Premio Kurd-Laßwitz á mellor Novela estranxeira por The Wasp Factory Segundo Premio Locus Poll por Matter, e nomeado por Against a Dark Background, por Transition, por Look to Windward, por The Algebraist e por Surface Detail. Premio Fantasía Británica por Excession}} Premio Italia de Ciencia Ficción á mellor novela internacional por Inversions} Premio Hugo por The Algebraist Premio Prometheus por Matter Finalista do Premio John W. Campbell por Transition'' Orde do Imperio Británico (rexeitouna).

Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Escocia Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en Dunfermline Categoría:Premio Hugo