Vilacide de Abaixo é un lugar da parroquia de Oroso, no concello coruñés de Oroso.
Xeografía O río Lengüelle pasa por Vilacide de Abaixo e a estación de Oroso ata xuntarse co río Tambre. É un lugar onde os rapaces e rapazas adoitan bañarse. Nas leiras próximas ao río adoita plantarse millo.
Hai unha escola unitaria na que se imparten clases de infantil e primaria (primeiro e segundo). Tamén se usa o patio para actividades extraescolares.
Patrimonio O castro de Vilacide está derrubado na súa maioría.
Houbo unha estación de tren que pasou a ser usada como almacén ata que se deixou de usar. Agora é un edificio abandonado.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Oroso
Parroquias de Oroso
Categoría:Lugares de Oroso