A avenida de Arteixo é unha das principais vías de saída da Coruña. Vai dende a rúa de Juan Flórez ata a rotonda de Eduardo Diz, no polígono da Agrela. A partir de aí continúa baixo a denominación de estrada de Baños de Arteixo ata o comezo da AC-552 e a AG-55. Ata o ano 2009 recibiu oficialmente o nome de Avenida de Arteijo, mais as placas co topónimo castelanizado non se cambiaron ata xuño de 2017.
Historia miniatura|esquerda|Placa co nome deturpado A avenida de Arteixo aparece recollida por primeira vez no plan presentado por César Cort en 1945 co nome de Avenida do Parque, por arrodear o Parque de Santa Margarida e concibiuse como alternativa á Avenida de Fisterra. A vía rematouse a principios da década de 1990.
En 2017, a avenida recuperou o nome galego.A Coruña recupera a toponimia oficial para as súas rúas con 34 anos de atraso
Lugares de interese Na avenida de Arteixo atópanse algúns lugares de interese, como o parque de Santa Margarida, co mural de Leopoldo Nóvoa, o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa e o centro comercial Marineda City.
O edificio no número 10, de Ramón Vázquez Molezún (1956) ten fenêtres en longueur, ao estilo Le Corbusier. O centro de saúde dos Mallos, de Noguerol e Díez (1998) está situado no número 96.Noguerol y Díez
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Rúas da Coruña