Xavier Estévez Ferreiro, nado en Bruxelas en 1969, é un escritor e profesor galego.

Traxectoria Fillo de emigrantes, viviu na súa cidade natal até 1977. Estudou primaria e secundaria en Vigo e diplomouse en Maxisterio de Primaria na Escola de Pontevedra en 1990. Desde o ano 2003 dá clases no Colexio Divino Salvador de Vigo.

Obra

Infanto-xuvenil A lenda do Rei Lobo (2008). Editorial Tambre. Ilustracións de Andrea López Álvarez. 140 páxs. ISBN 9788492404162. A rapaza da fiestra (2010). Editorial Tambre, Ala Delta. Ilustracións de Fernando Llorente. ISBN 9788492404810. Traducida ao castelán como La chica de la ventana (Edelvives, 2018), e ao éuscaro como Leihoko neska (Ibaizabal, 2020). O corazón da maxia (2015). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Santy Gutiérrez. 128 páxs. ISBN 978-84-9914-819-9 (3ª). Todos os soños (2015). Editorial Tambre, Ala Delta. Ilustracións de Marcos Viso. 122 páxs. ISBN 9788490460832. Kibuko (2017). Ed. Obradoiro. 128 páxs. ISBN 9788416834389. Aqueles momentos que perdemos (2019). Ed. Obradoiro. 248 páxs. ISBN 9788416834167

Avións de papel (2017). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Marcos Viso. 200 páxs. ISBN 978-84-9121-190-7 (4ª). ePub: ISBN 978-84-1110-291-9. Os camiños do vento (2019). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Xosé Cobas. 216 páxs. ISBN 978-84-9121-609-4 (2ª). A memoria dos pingüíns (2023). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Carlos Gallego Domínguez. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-261-2. ePub: ISBN 978-84-1110-270-4.

Obras colectivas Soños de Cajamarca (2020). Editorial Antela. Creador@s na reserva (2022). Galix.

Premios O corazón da maxia foi finalista no Premio Merlín no ano 2013. Todos os soños foi finalista na I Gala do Libro Galego na categoría de literatura infantil e xuvenil. Todos os soños, gañador do XII Premio Frei Martín Sarmiento na categoría 5º e 6º de Primaria. Avións de papel foi finalista no Premio Merlín no ano 2016, baixo o lema "Recollerás estrelas fugaces". Os camiños do vento foi finalista na Gala do Libro Galego 2020 na categoría de libro ilustrado.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1969 Categoría:Profesores