Despois da Guerra de independencia de Grecia (1821-1832) e da subida ao trono de Grecia do príncipe Otón de Baviera en 1833, sucedendo á Primeira República Helénica, foron establecéndose as primeiras delegacións diplomáticas, comezando polas potencias que apoiaron o proceso de independencia: Francia, Rusia e Gran Bretaña, que interviron no Tratado de Londres de 1827.
España, pese á unha dubitativa actitude inicial, finalmente decidiu enviar unha representación diplomática debido ás presións francesas e británicas. Aínda así, España non abriu unha embaixada (rango que só existía nas legacións de París e Nápoles), senón unha representación encabezada por un Encargado de Negocios e acompañada por un Secretario, cousa que materializouse en agosto de 1834 co nomeamento do primeiro Encargado de Negocios.
As seguintes listaxes (non completas) están confeccionadas, fundamentalmente, cos datos extraídos do Kalendario Manual y guía de forasteros en Madrid (1744-1837), da Guía de forasteros en Madrid (1838-1872) e da Guía Oficial de España (1873-1935).
Máxima representación en Grecia Encargados de Negocios de España en Grecia (1834-1849) 04/08/1834-14/03/1841 : Mariano de Montalvo Ovando decembro 1841-04/04/1843: Manuel Sáenz de Viniegra 04/04/1843-xaneiro 1844: Luis de Flórez Fondevila xaneiro 1844-xuño 1846: José García de Villalta maio 1847-setembro 1847: Leopoldo Augusto de Cueto (nomeado) setembro 1847-novembro 1847: José Pizarro Bouligny (nomeado) novembro 1847-agosto 1848: Fernando de la Vera Isla-Fernández
Neste período foron Secretarios do Encargado de Negocios Josef Soler (04/08/1834 a 1841), señor de Naharro (1841), Felipe Tavera (1842, nomeado), Tomás Ligués (1844) e José Pizarro Ramírez, III Conde das Navas (1844-decembro 1847).
Consulado de España en Atenas (1849-1869 e 1869-1882) 1849: Nikolás Jakellarides marzo 1849-abril 1851: Plácido Jove Hevia 1851-1852: José del Castillo Ayensa 1853-1854: Jaime Baguer Rivas (ou Ribas) 1855-1856: Telesforo González de Escalante, cónsul xeral 1857: Santiago Franco Alonso, cónsul xeral 1858-1859: Juan Gavarón, cónsul xeral 1860: Ángel Gil-de Borja, cónsul xeral 1860-maio 1861: Tiburcio Faraldo Malvar, cónsul xeral maio 1861-1862: Fernando de Souza de Portugal, cónsul xeral e encargado de negocios 1863-1865: Jacobo Bermúdez-de Castro, cónsul xeral 1866-27/01/1869: consulado vacante, representado polo Ministro de Estado 27/01/1869-30/06/1869: Salvador López Guijarro, Ministro residente 30/06/1869-1874: consulado vacante, representado polo Ministro de Estado 1875: Ramón Lom, cónsul de 2ª clase 1876-1878: Agustín Rodríguez, cónsul de 2ª clase en comisión novembro 1878-abril 1881: José de Vilches, cónsul de 2ª clase abril 1881-agosto 1882: Ricardo Espejo Chaparro, cónsul de 2ª clase
Desde 1856 engadiuse á legación diplomática de Atenas un vicecónsul, desenvolvendo este cargo: Federico Taqui (1856-1863), Carlos Cavia (1864), Jorge Zammit Romero (1865-1869), Eduardo Badía (1870) e Enrique Gaspar Rimbau (1871-1873). Entre 1866 e 1875 ó consulado quedou sen cónsul, levando o cargo da legación diplomática precisamente o vicecónsul.
Entre xaneiro e xuño de 1869 váiselle dar pulo á representación española en Grecia creando a figura de Ministro residente de España en Grecia, pero tras este breve período a máxima representación in situ volveu ser a do vicecónsul (ata 1874) e a do cónsul de 2ª clase (desde 1875). Ata marzo de 1882 non volveu aparecer outra figura equivalente á de embaixador, que foi a de Ministro plenipotenciario, manténdose ao mesmo tempo a figura de apoio de cónsul de 2ª clase en Atenas.
Embaixada de España en Grecia, período de delegación independente (1882-1892) marzo 1882-outubro 1884: Adolfo Paixot Achaval (ou Paxot ou Patxot), Ministro plenipotenciario de 2ª clase outubro 1884-1885: Manuel Antonio Lasheras Gazo, III Conde de Sanafé, Enviado Extraordinario e Ministro plenipotenciario de 2ª clase xuño 1885-setembro 1886: Ángel Ruata Sichar, Ministro residente setembro 1886-xullo 1888: Joaquín Valera Aceituno, Ministro residente xullo 1888-agosto 1888: Juan Durán Cuervo, Ministro residente (nomeado) agosto 1888-30/11/1889: Emilio Ojeda Perpiñán, Ministro residente 05/12/1889-1890: Juan Antonio López de Cevallos (ou Ceballos), Ministro residente 1891-agosto 1892: Pedro Prat Agacino, Marqués de Prat de Nantouillet, Ministro residente
Neste período os Ministros plenipotenciarios e residentes tiveron na legación diplomática cónsules de 2ª clase (ata 1883) e secretarios de 2ª clase (entre 1882 e 1893). Os cónsules de 2ª clase foron: Eduardo Clocel (agosto a novembro de 1882), Antonio Zammit Romero (novembro 1882-febreiro 1883) e Fernando Useleti-de Ponte Fernández (febreiro a marzo de 1883, nomeado). Por outra banda os secretarios de 2ª clase foron: Emilio Moreno Rosales (1882-xuño 1883), Enrique Otal Rie (xuño 1883-1884), José Llabería Herzberg (1885), Cándido Galicia (1886-1887), o Marqués de Valladares (1888), Manuel María Aranguren (1889-1891) e Antonio Benavides (1892-1893).
En agosto de 1892 un decreto da raíña-rexente María Cristina, asinado en San Sebastián, suprimiu a figura do Ministro en Atenas, desempeñando desde entón a representación en Atenas o embaixador en Constantinopla.
Embaixada de España en Grecia, período de representación polo embaixador en Turquía (1892-1914) A partir de 1892 a máxima representación diplomática no Reino de Grecia levouna o xefe da delegación diplomática en Turquía. agosto 1892-19/01/1893: Ángel Ruata Sichar, Enviado Extraordinario e Ministro plenipotenciario en Turquía 19/01/1893-agosto 1894: Francisco Rafael Figuera, Enviado Extraordinario e Ministro plenipotenciario de 1ª clase en Turquía (preto do Emperador dos Otománs) agosto 1894-abril 1896: Luis de Potestad Carter, I Marqués de Potestad Fornari, Enviado Extraordinario e Ministro plenipotenciario de 1ª clase en Constantinopla abril 1896-23/11/1897: Wenceslao Ramírez de Villaurrutia, Enviado Extraordinario e Ministro plenipotenciario de 1ª clase en Constantinopla e Atenas (preto do Emperador dos Otománs e do Rei dos Helenos) 04/12/1897-25/01/1909: José María Bernaldo-de Quiros González-de Cienfuegos, VIII Marqués de Campo Sagrado, Enviado Extraordinario e Ministro plenipotenciario de 1ª clase en Constantinopla e Atenas (preto do Emperador dos Otománs e do Rei dos Helenos) 25/01/1909-17/02/1913: Pedro Prat Agacino, Marqués de Prat de Nantouillet, Enviado Extraordinario e Ministro plenipotenciario de 1ª clase en Constantinopla e Atenas 17/02/1913-29/05/1914: Germán María de Ory Morey, Enviado Extraordinario e Ministro plenipotenciario de 1ª clase en Constantinopla e Atenas 29/05/1914-31/12/1914: Julián María del Arroyo Moret, Enviado Extraordinario e Ministro plenipotenciario de 1ª clase en Constantinopla e Atenas
Embaixada de España en Grecia, período de delegación independente (desde 1915) 01/01/1915-03/04/1917: Manuel Pérez-Seoane Roca-de Togores, III Conde de Velle, Enviado Extraordinario e Ministro plenipotenciario de 1ª clase ata 1916 e Ministro residente desde 1917 1917-04/04/1921: Andrés López-de la Vega Muñoz, Ministro residente ata 1919 e Enviado Extraordinario e Ministro plenipotenciario de 1ª clase desde 13 de novembro de 1919. 11/04/1921-26/07/1926: Cristóbal Fernández-Vallín Alfonso, Ministro plenipotenciario de 1ª clase e, ademais, desde 1923 cónsul xeral 26/07/1926–22/01/1929: Alfredo de Mariátegui Carratalá, Ministro plenipotenciario de 1ª clase e cónsul xeral 22/01/1929–16/05/1930: Antonio Benítez Fernández, Ministro plenipotenciario de 2ª clase e cónsul xeral 16/05/1930–16/04/1931: Diego del Alcázar Roca-de Togores, Conde de Villamediana, Ministro plenipotenciario de 3ª clase 08/06/1931-novembro 1932: Alonso Caro del Arroyo, Ministro plenipotenciario de 2ª clase 26/12/1932–07/06/1934: Pedro García-Conde Menéndez, cónsul xeral e Ministro plenipotenciario de 3ª clase, e desde o 1 de xaneiro de 1933 Ministro plenipotenciario de 2ª clase 07/06/1934-1935: Ramón Manuel Abella Fernández-Ferreros, cónsul xeral de 1ª clase e Encargado de negocios ... 03/04/1939-??: Julio Palencia Álvarez-Tubau, Ministro plenipotenciario de 3ª clase en Atenas 26/04/1940-??: José María Doussinague Texidor, Ministro en Atenas 05/09/1941-??: Cristóbal del Castillo Campos, cónsul xeral en Atenas 1943-1944: Sebastián Romero Radigales, cónsul xeral en Atenas
Neste período os Ministros plenipotenciarios tiveron na legación diplomática os seguintes secretarios: de 1ª clase: Manuel Álvarez-de Toledo Samaniego, Conde de Villapaterna (17/11/1919-1919), Justo Gómez Ocerín (29/11/1919-12/05/1920), Guillermo Rolland de Miota (20/05/1920-01/06/1920, nomeado), Francisco Agramonte Cortijo (07/06/1920-01/04/1921), Manuel Inclán de la Rasilla (01/04/1921-1924) e Pedro de Prat Soutzo (1925-1928) de 2ª clase: Francisco de Amat Torres (maio 1929-1930) de 3ª clase: Pedro de Prat Soutzo (1916-1919), Manuel Acal Marín (1920), Manuel Blasco López (1921-1922), Manuel González-de Amezúa Mayo (1923), Francisco de Amat Torres (1924), Luis de Viñals Font (1930-agosto 1930)
Neste período na legación consular existiron os seguintes vicecónsules de carreira: José Manuel Aniel-Quiroga Redondo (1935).
Outras representacións diplomáticas en Grecia Desde 1851 foron abríndose diferentes delegacións diplomáticas en varias cidades e illas gregas que estiveron representadas por cónsules, vicecónsules e axentes consulares, a maior parte deles por persoas que non pertencían á carreira diplomática, senón que o eran a título honorario.
A delegación máis importante foi a do Pireo (ou Atenas-O Pireo), da que levou a representación case sempre un cónsul, ata a reestruturación xeral de 1922. A cidade de Patras tivo outra delegación consular que tivo unha certa importancia durante un breve período de tempo na organización das delegacións diplomáticas españolas en Grecia. Ata 1915 non apareceu outra delegación diplomática equivalente á ateniense, cun cónsul de carreira, que foi a de Tesalónica.
Entre 1897 e 1903, os consulados de Grecia pasaron a depender do cónsul de 1ª clase en Constantinopla, sendo o titular da representación turca nese tempo Ricardo Chaparro Espejo, que facía o control das delegacións de todo o Imperio Otomán (excepto Siria, Exipto e Tunisia), Grecia e Romanía, aínda que segundo o ano cambiaban lixeiramente as adscricións. Neste tempo produciuse unha primeira estruturación do territorio consular grego, dividíndose as áreas de influencia entre os consulados do Pireo e Patras.
En 1922 produciuse unha segunda división das legacións diplomáticas en territorio grego, adscribíndose como dependentes a partir de entón cada unha delas ou ben ao Consulado xeral de Atenas (dirixido por un Ministro plenipotenciario ou embaixador en Grecia) ou ben ao Consulado de Tesalónica.
Representantes de España en Atenas, O Pireo e O Pireo-Atenas (desde 1882) O consulado de 2ª clase de Atenas trasladouse á cidade do Pireo, próxima a aquela, en 1883. En 1896 o consulado comezou a denominarse do Pireo-Atenas ou Atenas-O Pireo. En 1897 constaba que deste consulado dependía todo o Reino de Grecia, excepto as provincias de Acaia e Quíos, que dependían do cónsul de Patras. No período de 1898 e 1899 sucedeu o mesmo, salvo que de Patras nesta ocasión dependían Acaia e Élide. Tras a reestruturación de 1922, xurdiu o consulado do Pireo, dependente do Consulado xeral de Atenas. Este consulado mantívose ata 1927, en que O Pireo pasou a ter como representante a un vicecónsul, mentres que creouse un consulado de 1ª clase con base en Atenas, dependente igualmente do Consulado xeral na capital grega, ata que na nova reestruturación de 1931 este consulado tamén desapareceu, manténdose en Atenas a única representación do Consulado xeral. agosto 1882-novembro 1882: Eduardo Clocel, cónsul de 2ª clase en Atenas novembro 1882-febreiro 1883: Antonio Zammit Romero, cónsul de 2ª clase en Atenas