ETB 3 foi a terceira canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. A canle naceu o 10 de outubro de 2008 coincidindo co vixésimo quinto aniversario de Radio Euskadi, emite unha programación íntegra en éuscaro e exclusivo da Televisión Dixital Terrestre, aínda que, emitiu este sinal a empresa de telecomunicacións Euskaltel.
Programación A oferta da canle era infantil e xuvenil, ofrecendo múltiples series de animación e de ficción xuvenil procedentes na súa maioría do programa Betizu. Ademais emite espazos de carácter cultural, tanto espazos divulgativos como documentais e programas de produción propia como Trikitraka Trikitron ou Txirrita. A cadea pretende fidelizar ao público novo á televisión pública do País Vasco, cunha oferta similar a outras canles da mesma temática como Canal Super 3 en Cataluña.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de EITB
Categoría:Euskal Telebista Categoría:Cadeas de televisión do País Vasco Categoría:Canles de televisión en lingua éuscara