Canal Vasco é unha canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco, para a súa emisión en América.

Esta canle ten como obxectivo achegar a televisión e cultura vascas, á ampla comunidade vasca que reside no continente americano, así como ao resto de cidadáns destas zonas.

A súa programación baséase principalmente en contidos de produción propia das canles de ETB, emitíndose, a diferenza de ETB Sat, maioritariamente en castelán.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Canal Vasco

Categoría:Euskal Telebista Categoría:Cadeas de televisión do País Vasco