Sceilg Mhichíl, tamén coñecida como Skellig Michael en inglés, é unha illa rochosa despoboada que se atopa a 11,6 km ao oeste da península de Iveragh, no condado irlandés de Kerry. É a meirande das dúas illas Na Scealaga (a outra é Sceilg Beag). Sceilg Mhichíl significa "Rocha de (San) Miguel" en lingua irlandesa. O seu punto máis alto atópase a 218 msnm e ten unha superficie de 22 ha. Arredor do século VII estabeleceuse un mosteiro cristián na illa e permaneceu ocupado até finais do século XII cando foi abandonado. Os restos do mosteiro así como a illa foron declarados Patrimonio da Humanidade en 1996 pola UNESCO.
Patrimonio da Humanidade En 1996, o complexo monástico da illa foi incluído na listaxe de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO baseándose en criterios culturais:
Fauna Xunto coa súa irmá máis nova, Sceilg Beag, Sceilg Mhichíl é unha importante reserva natural. As dúas illas acollen importantes colonias de aves mariñas como mascatos, fulmarus, garruchos, araos romeiros, araos dos cons e araos papagaios. O paíño europeo e a pardela furabuchos tamén aniñan en gran número.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sceilg Mhichíl na páxina da Unesco
Categoría:Illas de Irlanda Categoría:Patrimonio da Humanidade en Irlanda Categoría:Gaeltacht