Manuel Doval Lemat, nado en Cambre o 1 de marzo de 1901 e finado no mesmo concello o 18 de abril de 1946, foi un xastre e político galego.
Traxectoria Xastre. Foi nomeado axente executivo para a recadación de arbitrios municipais na ditadura de Primo de Rivera.El Ideal Gallego, 2-10-1924, p. 4. Na República foi presidente da CEDA. Posteriormente fíxose falanxista, foi xefe local de FET y de las JONS en 1937 e xefe local do Movemento de Cambre ata a súa destitución polo Xefe provincial en outubro de 1944.La Voz de Galicia, 21-10-1944, p. 2. Tamén foi xuíz de paz en Cambre. O 18 de abril de 1946 foi asasinado polo grupo guerrilleiro de Manuel Bello Parga, Francisco Rey Balbís e Marcelino Rodríguez Fernández, acusado de ser un dos paseadores.
Vida persoal
Casou con Celia Pernas Ramos e foi pai de Manuel, Celia, José Luis, María del Carmen e Francisco Doval Pernas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Asesinato de Manuel Doval Lemat en Cambre (IV)
Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Cambre Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes