O 29 de febreiro é o 60º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 306 días para finalizar o ano. Este día só existe nos anos bisestos.
As persoas nadas neste día acostuman celebra-lo seu aniversario o 28 de febreiro ou 1 de marzo nos anos non bisestos. Na Unión Europea, o 29 de febreiro converteuse en día bisesto oficial no ano 2000.
Acontecementos 888 - O conde de París, Eudes, designado rei de Francia polos señores feudais. 1229 - Frederico II do Sacro Imperio Romano Xermánico asina un acordo de paz cos musulmáns, durante a época das cruzadas. 1504 - Unha eclipse lunar atemoriza a gran parte de Europa. 1520 - Iníciase en Valencia a revolta da Irmandade dos Gremios contra os nobres, coñecida como Guerra das Xermanías. 1692 - No proceso das bruxas de Salem (Estados Unidos), cae a máxima responsabilidade sobre a india Tituba, que é presa e acusada de buxería, morrerá axustizada. 1696 - O político inglés, Thomas Osborne, coñecido como o conde de Danby é acusado de corrupción. 1704 - Un grupo de indios xunto coas tropas francesas atacan o destacamento de Deerfield, no estado de Massachusetts. 1720 - A raíña Ulrica Leonor de Suecia abdica no favor do seu cónxuxe, Federico de Hessen. 1756 - En Porto Rico fundade a cidade de Yauco. 1780 - O Consello das Indias, constituído en Venezuela, establece unha renda anual de 120 pesos aos franciscanos de Píritu. 1784 - O Marqués de Sade trasládase á Bastilla francesa. 1788 - En Portugal ten lugar a creación da Biblioteca Nacional. 1808 - As tropas francesas apodéranse da cidade de Barcelona. 1812 - O investigador e antropólogo Charles Darwin chega a Baía (Brasil). 1836 - Estréase en París a ópera Les Huguenots, do compositor alemán Giacomo Meyerbeer. 1844 - Na República Dominicana constitúese un comité de insurrección. 1848 - O conde de Neufchatel declara a independencia de Suíza. 1852 - Tras unhas pelexas na procura de dominar unha rebelión, o goberno mexicano ascende a Ignacio Zaragoza a capitán do Batallón da Garda Sedentaria de Monterrey. 1864 Na Arxentina chégase a un acordo cos caciques Tobas e Vilelas para a construción dun camiño que unirá os pobos de Corrientes e Santiago del Estero. O goberno venezolano a través dunha asemblea outorga provisionalmente os distritos federais as comarcas. O goberno arxentino publica unha orde de neutralidade nos problemas da Banda Oriental. Chega un envío de 24.000 pesos para os presos republicanos mexicanos que están detidos nos cárceres de Francia; cúmprese así a orde dada por Benito Juárez. 1880 - Rematan as obras de perforación do túnel de San Gotardo, que une Suíza con Italia. 1892 - Os países de Inglaterra e Estados Unidos asinan un tratado que permite a caza das focas no Mar de Bering. 1904 O escritor Vicente Blasco Ibáñez salva milagrosamente a vida nun duelo contra un tenente do Corpo de Seguridade, grazas a unha argola que levaba suxeitando unha cadea, na que rebotou a bala que aquel disparou. Nos Estados Unidos o presidente Theodore Roosevelt forma un comité para estudar a viabilidade de facer a construción do Canal de Panamá. 1908 O científico holandés, Heike Kamerlingh Onnes produce o helio no seu estado sólido por primeira vez, este feito esténdese a un grupo de científicos do mesmo país. Nos Estados Unidos aparece asasinado Pat Garret, o shériff da poboación de Lincoln Country que dera caza ao matapistoleiros Billy the Kid. 1916 - Durante a primeira guerra mundial o piloto alemán Kurt Haber (nado no ano 1895 e morto en combate no 1916) logra abater o primeiro avión Voisin durante a batalla de Soissons. 1920 A Asemblea Nacional checoslovaca aproba a Constitución democrática, que recoñece o checo coma idioma oficial. Tomas Garrigue Masaryk, xefe do novo estado dende 1918, primeiro presidente da República. Restáurase a monarquía na Hungría, baixo a rexencia de Miklós Horthy de Nagybanya. 1928 Os estaleiros gaditanos entregan o buque escola Juan Sebastián Elcano á Armada española. Unha real orde expedida polo goberno español obriga á incrustación da orixe das denominacións e marcas nos metais preciosos. 1936 Miguel de Unamuno é investido doutor honoris causa pola Universidade de Oxford. O Exército italiano logra unha soada vitoria na Abisinia. Promulgación dunha amnistía laboral en España. O goberno ruso outorga o nomeamento ao Instituto Pavlov que permite mudar de nome polo de primeiro Instituto Médico de Leningrado. 1940 - A película Foise co vento gaña oito premios Óscar; un deles é outorgado a Hattie McDaniel, que é a primeira muller de cor en recibilo. 1944 España: Concédese a liberdade condicional aos condenados por delitos de rebelión, en calquera das súas formas, que superen os 70 anos. A URSS ofrécelle a paz a Finlandia no transcurso da segunda guerra mundial. Inaugúrase en Barcelona o VII Salón da Moda Española. Karol Wojtyla (o futuro papa Xoán Paulo II), sofre un accidente por atropelo dun carro o que lle causa unhas semanas de internamento nun hospital. 1948 - Prodúcese a voadura dun tren militar británico na Palestina. 1956 O xefe da Lexión Árabe, Glubb Bajá, é destituído en Xordania. Paquistán establécese coma parte da República Islámica. Nos Estados Unidos o presidente Eisenhower anuncia publicamente que se presentará de novo á reelección pola presidencia. 1960 Comezan os Xogos Olímpicos de Inverno de Squaw Valley, nos Estados Unidos. Un forte terremoto destrúe o 90 % da cidade de Agadir (Marrocos) e cóbrase entre 2.000 e 3.000 mortos. A pesar das advertencias do goberno estadounidense, Hugh Hefner abre o primeiro Playboy Club na cidade de Chicago. Na Arxentina tras novas revoltas e un golpe de estado, é deposto o presidente Arturo Frondizi Ercoli. 1964 En Suecia celébrase a primeira exposición da Moderna Museet, con Andy Warhol como principal expoñente. No Canadá, no teatro Denise Pelletier preséntase o primeiro espectáculo; trátase dunha obra de Jean Racine titulada Efixenia. Durante unhas probas de natación puntuables para as seguintes olimpíadas, a nadadora Dawn Fraser, logra establecer o seu 36º récord. 1968 Estréase a película Peppermint Frappé, dirixida por Carlos Saura, e protagonizada por José Luis López Vázquez, Geraldine Chaplin e Alfredo Mayo. Nunha igrexa dos Estados Unidos ten lugar o casamento da soprano norteamericana, Florence Ballard cun empresario pouco coñecido, Thomas Chapman. Tras meses de construción lógrase botar ao mar a fragata británica HMS Bacchante que será a primeira do grupo F-69. O primeiro púlsar é descuberto pola astrónoma irlandesa Jocelyn Burnell. 1972 - Cinco millóns de traballadores arxentinos secundan unha folga de 48 horas pola carestía da vida. 1976 - Trala Marcha Verde e os posteriores acordos árabe-españois, durante os derradeiros días da vida de Franco, lógrase proclamar a República Árabe Saharauí Democrática. 1980 - Gabón ratifica en favor o convenio da Convención Internacional sobre a eliminación da discriminación racial. 1984 O cantante estadounidense Michael Jackson é galardoado con oito Premios Grammy. O primeiro ministro do Canadá, Pierre Trudeau anuncia que deixa a vida política. Estremadura estrea o Real Decreto 1107 sobre a protección de menores, pronto se fará extensible ao resto de España. Brasil sofre a máis alta cotización do dólar; a súa compra é dun dólar = 1 207 reais e a venda é de 1 213 reais. 1988 Detido o arcebispo Desmond Tutu xunto cun cento de clérigos na Cidade do Cabo (Suráfrica) durante as súas protestas contra os freos estatais impostos ás organizacións anti-apartheid cinco días antes. En Colombia o goberno aproba a lei de fomento da investigación científica e o desenvolvemento tecnolóxico. O presidente da República Centroafricana, André Kolingba, conmuta a pena de morte ao ex emperador Jean Bedel Bokassa pola de traballos forzados a perpetuidade. O presidente do Senegal, Abdou Douf, decreta o estado de emerxencia en Dakar, para poñer fin aos disturbios que se produciron ao coñecerse os primeiros resultados das eleccións, que lle daban gañador cun 77% dos votos. 1992 A poboación de Bosnia e Hercegovina pronúnciase nun plebiscito popular a favor da independencia da ex república federal iugoslava. Dende o Vaticano o papa Xoán Paulo II lanza unha mensaxe durante a Coresma na que non pode evitar tocar os temas do aborto e a inseminación artificial. España: O nadador Mark Tewksbury adxudícase a vitoria nos 100 metros costas, cun rexistro de 52.67, na Superfinal da Copa do Mundo de Natación que se celebra en Palma. 1996 O Consello de Seguridade da ONU reúnese con carácter de urxencia para debater sobre as revoltas de Haití. Morre o neno español de 13 anos, José María Peiró a mans dos terroristas de ETA, No Brasil o decreto 1.823 obriga a transferir as contas dunha sociedade privada para a análise da L.B.A. Unha concentración de motos da marca Harley Davidson na cidade de Miami conta coa representación de dous pesos do automobilismo, Emerson Fittipaldi e Al Unser Jr. En España créase o Rexistro de Fundacións na Comunidade de Madrid. Celébrase o acordo de transparencia e traspaso de documentos entre Brasil e a República de Corea. 2000 Unhas irregularidades no traspaso dalgúns poderes obrigan a unha reunión do Consello de goberno coa Xunta de Andalucía. O xornalista arxentino Franco Varise, a raíz dunhas declaracións nos medios de comunicación recibe ameazas de morte por parte de grupos extremistas. Albania ratifica o tratado de non produción da minas terrestres. Mozambique fai fronte ás perdas do furacán "Eric" que deixa tras de si máis de 100 000 persoas sen teito. Os guerrilleiros chechenos son capturados en Shatoi polo exército ruso. No Brasil o goberno forma unha Comisión de Xustiza e Cidadanía, a cal aproba o código de defensa do contribuínte. 2004 Jean-Bertrand Aristide, presidente de Haití é secuestrado por forzas estadounidenses e enviado fóra do país. Nos Estados Unidos o navío Bow Mariner estoura fronte as costas de Virxinia. Un novo aumento das revoltas e a tensión do goberno de Haití por calmalas fan que acudan tropas navais norteamericanas a desembarcar na illa. A película The Lord of the Rings: The Return of the King gaña 11 premios Óscar. A actriz Charlize Theron e o actor Sean Penn reciben senllos Óscars por ser os mellores actores. Nos campionatos de tenis de Marsella o sueco, Robin Soderling perde fronte ao eslovaco Dominik Hrbaty; por outras no Open do Brasil o tenista brasileiro Gustavo Kuerten gaña ao arxentino Agustin Calleri. Ante a posibilidade dun novo golpe de estado, o presidente de Haití Jean-Bertrand Aristide abandona o país. O boxeador brasileiro Anderson Clayton (máis coñecido coma Pantera) vence nun combate celebrado en Guarujá o boxeador panameño, Elvis Guerreiro; Na cidade de Las Vegas o boxeador mexicano Eric Morales gaña por KO a Jesús Chávez. No Brasil tras varios días desaparecido aparece nunha praia da rexión de Pernambuco o corpo sen vida dun bañista que foi atacado e morto por un tiburón.
Nacementos miniatura|100px|Gioachino Rossini. 1468 - Paulo III, papa , italiano de nome Alessandro Farnese. 1696 - Esprit J. Antoine Blanchard, compositor francés. 1728 - Robert Bage, escritor inglés. 1760 - Eberhard Wachter, pintor alemán. 1772 - Joseph Marie de Gérando, escritor francés. 1784 - Leo von Klenze, arquitecto alemán. 1788 - Martín Zurbano, guerrilleiro na guerra da independencia española contra os franceses. 1792 - Gioachino Rossini, compositor italiano. 1796 - Edmund Bailey O'Callaghan, historiador e médico británico. 1804 - Antoine H. Romuald Florence, deseñador francés; nacionalizado brasileiro en 1824. 1812 - Hermann Hirschboch, compositor alemán. 1828 - Emmeline Blanche Woodward, líder espiritual e feminista americana. 1840 - John Philip Holland, inventor, enxeñeiro e construtor de submarinos. 1860 - Herman Hollerith, investigador, enxeñeiro e inventor americano. 1864 - Adolf Wolfli, escritor e pintor suízo.