Río Bravo (en ) é un western dirixido por Howard Hawks, e unha das cinco películas nas que traballou con John Wayne (Río vermello (1948), Río Bravo (1959), Hatari! (1962), El Dorado (1966), Río Lobo (1970)).

Pódese interpretar Río Bravo en contraposición a outro western da época, Só ante o perigo (1952) de Fred Zinnemann. Na película de Zinnemman un atribulado shériff (Gary Cooper) pasaba a película pedindo desesperadamente axuda e ninguén o axudaba. No filme de Hawks o shériff en perigo non pide axuda pero todos están dispostos a prestarlla.

Son enfoques radicalmente distintos: Howard Hawks concibe o heroe como un home forte (habitualmente acompañado por mulleres fortes) que debe saír el só dos seus problemas, un personaxe que sabe como comportase e o que debe facer en cada momento.

Sobre a elaboración do guión cómpre dicir que os guionistas case sempre dispoñían dun par de opcións boas para resolver cada situación e iso permitiu que anos máis tarde puidesen utilizar parte do material descartado para facer El Dorado (1967) un filme crepuscular que retoma o tema do shériff "só ante o perigo".

No filme actúa Ricky Nelson (estrela musical xuvenil do momento); esa ocorrencia publicitaria permitiu que vise o filme un tipo de público novo que non coñecía a Howard Hawks.

Estreouse en galego na TVG o 17 de xaneiro de 2009.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Howard Hawks Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes ambientados en Texas Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1959 con versión en galego