O 2 de outubro é o 275º día do ano do calendario gregoriano (276º nos anos bisestos). Quedan 90 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1187 - Saladino toma Xerusalén e prohibe a destrución dos lugares santos. 1263 - Noruegueses e escoceses libran a Batalla de Largs. 1535 - Jacques Cartier descobre Montreal, Quebec. 1552 - Iván IV O Terrible de Rusia somete os tártaros de Kazán e asasina tódolos seus habitantes. 1559 - Filipe II recoñece oficialmente a Xoán de Austria como seu irmán. 1608 - Johannes Lippershey constrúe un telescopio de refracción. 1701 - Filipe V xura os foros cataláns diante das Cortes de Cataluña. 1835 - en Texas (Estados Unidos) líbrase a batalla de González, escaramuza que se considera o inicio da independencia de Texas. 1836 - Charles Darwin finaliza a súa viaxe a bordo do Beagle despois dun percorrido arredor do mundo que durou 5 anos, nos que fixo descubrimentos biolóxicos. 1842 - Tras catro anos de traballos finalízase a instalación do reloxo da catedral de Estrasburgo. 1846 - Curso do primeiro despacho por medio do teléfono óptico en España, de Irún a Madrid. 1905 - A administración dos ferrocarrís de Wurtemberg introduce a xornada laboral de 8 horas. 1909 - Inauguración en China da primeira liña de ferrocarril enteiramente construída por chineses, entre Pequín e Kalgan (200 km). 1919 - A Asemblea Nacional de Francia ratifica en París o Tratado de Versalles. 1920 - Hungría expulsa do país os xudeus inmigrados desde 1914. 1920 - Disolución das Cortes españolas. 1923 - O papa Pío XI reclama a axuda dos bispos estadounidenses para evitar a ameaza de fame que cae sobre Europa. 1924 - A Asemblea Xeral da Sociedade de Nacións aproba o "protocolo para a solución pacífica das diferenzas internacionais". 1925 - John Logie Baird logra na súa bufarda de Londres ver por primeira vez a imaxe dun ser humano na televisión. 1928 - Fundación do Opus Dei polo crego Xosemaría Escrivá de Balaguer. 1936 - Inaugúrase en Xenebra, o novo palacio da Sociedade de Nacións, a gran sala dos Consellos, pintada por Josep Maria Sert. 1939 - Os alemáns ocupan a península de Hela, no Báltico, último reduto da resistencia polaca, co que remata a campaña de Polonia. 1944 - Prodúcese a capitulación de Varsovia. 1948 - A Unión Soviética recomenda a destrución de todas as armas atómicas e a implantación dun control atómico internacional. 1950 - Charles M. Schulz publica Peanuts en tiras cómicas por primeira vez en sete tebeos americanos. 1952 - Realízanse probas, con resultado positivo, dun tren monorraíl en Colonia. 1954 - A OTAN e o Pacto de Bruxelas admiten como membro a República Federal Alemá. 1955 - O célebre computador ENIAC desactívase. 1958 - Guinea independízase de Francia. 1961 - Fórmase a Federación Universitaria Democrática de España (FUDE) na Universidade de Madrid. 1968 - México: Matanza de estudantes por parte do exército durante unha manifestación na praza das Tres Culturas de Tlatelolco na cidade de México. 1968 - Entra en funcionamento a Universidade Autónoma de Madrid. 1978 - Dous cosmonautas rusos regresan á Terra, despois de 140 días na estación orbital Saliut 6. 1984 - Regreso dos tres cosmonautas á Terra, tras permaneceren 237 días en órbita, batendo o anterior récord. 1986 - España: O Congreso dos Deputados ratifica o texto da Acta Única Europea. 1986 - Rajiv Gandhi, primeiro ministro da India, sae ileso dun atentado cometido por un desequilibrado, que feriu seis persoas. 1987 - Un tribunal especial condena a Francia a pagar oito millóns de dólares a Greenpeace, polo afundimento do "Rainbow Warrior".France Must Pay Greenpeace $8 Million in Sinking of Ship 1989 - O Soviet Supremo prohibe tódalas folgas na URSS durante os seguintes 15 meses. 1989 - O Reis de España presiden en Parla (Madrid) a colocación do primeiro tramo de vía de ancho internacional da liña férrea Madrid-Sevilla, que utilizará o tren de alta velocidade. 1990 - Desaparece a República Democrática Alemá (RDA) ao integrarse na República Federal Alemá (RFA). O acto de unificación realízase en Berlín, nova capital da Alemaña unificada. 1992 - O Consello de Seguridade da ONU aproba a confiscación dos haberes de Iraq, procedentes das exportacións do petróleo, para sufragar os gastos da guerra do Golfo. 1997 - Os países membros da UE asinan o Tratado de Ámsterdam, que modificou o de Maastricht, destinado a preparar a entrada de novos países na UE. 1998 - O presidente do goberno de España José María Aznar fixa o marco para a paz nunha declaración solemne tras os seus contactos cos representantes das forzas parlamentarias. Esixe a ETA unha proba da súa renuncia definitiva á violencia e de aceptación das regras democráticas. 2002 - Un grupo de científicos revela, tras seis anos de investigación, o código xenético do parasito da malaria e do mosquito responsábel da transmisión da enfermidade.

Nacementos miniatura|Antón Villar Ponte. 1452 - Ricardo III, rei de Inglaterra 1616 - Andreas Gryphius, dramaturgo alemán 1800 - Nat Turner, líder americano do levantamento antiesclavista 1832 - Edward Burnett Tylor, antropólogo inglés 1847 - Paul von Hindenburg, militar, político e presidente alemán 1851 - Ferdinand Foch, mariscal francés 1852 - William Ramsay, químico escocés 1869 - Mahatma Gandhi, político e líder relixioso hindú (m. 1948) 1879 - Wallace Stevens, poeta estadounidense 1881 - Antón Villar Ponte, escritor e político galego (m. 1936) 1890 - Groucho Marx, actor estadounidense 1904 - Graham Greene, novelista británico 1905 - Alberto Martín-Artajo Álvarez, escritor e xornalista español 1907 - Víctor Paz Estenssoro, político boliviano 1907 - Alexander Todd, científico británico, Premio Nobel de Química 1957 1907 - Ángel León, campión español do tiro olímpico. 1916 - Ángel Suquía, cardeal español. 1919 - James McGill Buchanan, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía 1986. 1923 - Enrique de Aguinaga, xornalista e mestre español. 1930 - Antonio Gala, escritor español 1932 - Maury Wills, estrela do béisbol 1936 - Fernando Sánchez Dragó, escritor español. 1945 - Don McLean, compositor americano 1948 - Avery Brooks, actor americano 1948 - Donna Karan, deseñadora de moda estadounidense 1949 - Richard Hell, músico estadounidense 1951 - Gordon Matthew Sumner “Sting”, cantante, músico, compositor e actor británico 1948 - Romina Power, cantante británica. 1952 - Miguel Palol, poeta e escritor español 1954 - Lani O'Grady, actriz estadounidense 1955 - Lorraine Bracco, actriz estadounidense 1957 - Luis Ángel Lago Lage, político do PSdeG-PSOE 1965 - Ferhan e Ferzan Önder, xemelgas e pianistas turco-austríacas 1970 - Maribel Verdú, actriz española. 1973 - Susana González, actriz mexicana 1976 - Anita Kulcsár, xogadora de balonmán húngara (m. 2005) 1978 - Ayumi Hamasaki, músico

Mortes miniatura|A Xosé María Díaz Castro. 1264 - Urbano IV, papa 1623 - Francisco Vicente, crego e poeta español. 1626 - Diego Sarmiento de Acuña, diplomático galego, conde de Gondomar (n. 1567). 1803 - Samuel Adams, revolucionario americano 1853 - François Jean Dominique Arago, físico francés 1892 - Ernest Renan, historiador francés. 1918 - Carlos Miranda, poeta e xornalista español. 1927 - Svante Arrhenius, científico sueco 1931 - Xaime de Borbón, aspirante carlista ao trono de España. 1951 - Guillerme Rodríguez Martín, matador de toros peruano. 1957 - Agustín Rodríguez Castro, escritor e compositor galego (n. 1885) 1962 - Boris Y. Bukreev, matemático ucraíno 1968 - Marcel Duchamp, artista francés.

1973 - Ramón Melcón, adestrador da selección española. 1973 - Paavo Nurmi, corredor finlandés. 1980 - Álvaro Gil Varela, empresario e filántropo galego (n. 1905). 1981 - Hazel Scott, cantante estadounidense 1985 - Rock Hudson, actor estadounidense.

1990 - Xosé María Díaz Castro, poeta galego (n. 1914). 1991 - María Aurèlia Capmany i Farnès, escritora española. 1998 - Gene Autry, cantante, actor e empresario americano. 2025 - Ramón Yzquierdo Perrín, historiador da arte galego (n. 1948).

Festas e celebracións Día Internacional da Non Violencia, conmemorando o nacemento de Mahatma Gandhi, símbolo da loita pacífica

Outros Santoral: Anxos da Garda e Custodios (Patróns dos corpos de policía); Santo Aderaldo, Odrán, Berenguel e Tomé de Cantalupo (Confesores); Damundo e Dagamundo (Abades); Eutero, Teófilo, Eleuterio, Berenguel, Primo, Cirilo e Secundario (Mártires); Guillerme e Leodegario (Bispos); Saturio e Sereno (Eremitas): Anxa (Virxe).

Os 366 días do ano Notas

02