miniatura|Aeroporto de Frankfurt. miniatura|Aeroporto de Santiago de Compostela thumb|upright=1.8|Exemplo de infraestrutura dun aeroporto típico. Os aeroportos máis grandes adoitan conter máis pistas e terminais. thumb|upright=1.8|Distribución de aeroportos en 2008
Un aeroporto é un aeródromo é unha área cunha infraestrutura e os servizos necesarios para a aterraxe e a engalaxe de aeronaves con amplas instalacións, principalmente para transporte aéreo comercial.Wragg, D.; Historical dictionary of aviation, History Press 2008. Os máis sinxelos son pistas de terra, para pequenas avionetas, mentres os máis grandes teñen varias pistas dun ou máis quilómetros para permitir a aterraxe e a engalaxe de avións de gran tamaño e cunha frecuencia de poucos minutos de diferenza. Normalmente constan dunha zona de aterraxe, que comprende un espazo aberto accesible desde o aire que inclúe polo menos unha superficie operativamente activa, como unha pista para que un avión engale e aterre ou un heliporto, e a miúdo inclúe edificios de servizos adxacentes como torres de control, hangares e terminais, para manter e monitorizar aeronaves. Os aeroportos máis grandes poden ter plataformas, pontes de rodaxe, centros de control de tráfico aéreo, instalacións para pasaxeiros como restaurantes e salas de espera, e servizos de emerxencia. Nalgúns países, en particular nos Estados Unidos, os aeroportos tamén adoitan ter un ou máis operadores con base fixa que serven á aviación xeral.
As operacións aeroportuarias son extremadamente complexas, cun sistema complicado de servizos de apoio ás aeronaves, servizos para pasaxeiros e servizos de control de aeronaves incluídos dentro da operación. Polo tanto, os aeroportos poden ser importantes empregadores, así como importantes centros para o turismo e outros tipos de tránsito. Debido a que son lugares de operación de maquinaria pesada, implementáronse unha serie de regulamentos e medidas de seguridade nos aeroportos para reducir os riscos. Ademais, os aeroportos teñen importantes impactos ambientais locais, como grandes fontes de contaminación atmosférica, contaminación acústica e outros impactos ambientais, o que os converte en lugares que experimentan de forma aguda os efectos ambientais da aviación. Os aeroportos tamén son infraestruturas vulnerables a fenómenos meteorolóxicos extremos, á subida do nivel do mar causada polo cambio climático e a outros desastres.
Aeroportos sobranceiros, entre outros, son: Barajas (Barajas, Madrid), Sant Cugat (Barcelona) e Son San Joan (Baleares). Laguardia, John Fitzgerald Kennedy (Nova York) Beauvais, Roissy-Charles de Gaulle e Orly (París) Heathrow, Gatwick, Stansted e Lutton (Londres) Giovan Battista Pastine-Ciampino, Leonardo da Vinci-Fiumicino (Roma) e Malpensa (Milán) Brandenburg-Schönefeld, Tempelhof e Tegel (Berlín) Francisco de Sá Carneiro (Porto) En Galicia hai tres aeroportos con conexións internacionais: Aeroporto de Alvedro, na Coruña; Aeroporto da Lavacolla, en Santiago de Compostela; Aeroporto de Peinador, en Vigo; Tamén hai varios aeródromos (Ponteareas, Monterroso, Lugo etc), que permiten gozar aos afeccionados da aviación.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía Outros artigos Ligazóns externas
Categoría:Aeroportos