O Porto do Barqueiro é un lugar da parroquia de Mogor no concello coruñés de Mañón, na comarca de Ortegal. Segundo o INE, en 2025 tiña 480 habitantes (223 homes e 257 mulleres), o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 547 habitantes.

É un dos principais atractivos turísticos do concello e onde se sitúa a casa consistorial. Está situado no suroeste da ría homónima, a máis setentrional da provincia da Coruña e das Rías Altas, na costa cantábrica.

Ao leste da ria do Barqueiro está a parroquia de Negradas, pertencente ao concello do Vicedo, na provincia de Lugo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Mogor

Parroquias de Mañón

Notas

Categoría:Lugares de Mañón