San Xiao de Pedroso é unha parroquia que se localiza no occidente do concello de Rodeiro. Segundo o INE en 2010 tiña 113 habitantes (60 mulleres e 53 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.
Nesta parroquia naceu o aviador Gumersindo Areán Rodríguez
Economía Nesta parroquia a actividade principal é a gandaría e a agricultura, dela viven case a totalidade dos veciños que están en activo. Existía a tradición da extracción de pedra das súas canteiras. Na actualidade hai cinco canteiras abertas nas que se extrae unha pedra de gran calidade, por formar bloques sen fendas.
Patrimonio Habitada desde a antigüidade, hai restos dun castro e varias mámoas, consérvase unha ponte do século XII sobre o río Arnego, a Ponte de Pedroso. A igrexa parroquial construíuse entre os séculos XII e XIII, con nave e ábsida rectangular.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Pedroso
Parroquias de Rodeiro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rodeiro
Ligazóns externas Pedroso na web do concello de Rodeiro
Categoría:Parroquias de Rodeiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao