San Pedro de Arantei é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2025 tiña 430 habitantes (212 mulleres e 218 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 460 habitantes.
Pertence ó arciprestado de Entenza.
Festas populares Entre os anos 1998 e 2006 acolleu un Festival Folclórico con grupos internacionais na área recreativa do Manteiro. No primeiro fin de semana de xuño celebra dende 2017 o Serán de Arantei.
Conta coa histórica Festa do Viño Novo de Arantei, unha festa etnográfica e gastronómica onde dende hai máis de 25 anos se degusta o viño novo da parroquia, elaborado pola Comisión de Festas a partir das uvas doadas polas veciñas e veciños da parroquia.
Historia A parroquia chamouse Retorta até a metade do século XVII por estar a igrexa parroquial nunha retorta do río Miño. No ano 1647 comezouse a construción do novo templo no lugar alto denominado Arantei, do cal tomou o nome, e foi inaugurado o 17 de novembro de 1652.
Arquitectura O Pazo do Souto (século XVI) é unha construción en dúas plantas, de fábrica mixta en cachotaría e mampostaría. Loce un escudo de armas na súa fachada oeste, coas armas dos Barros, Troncoso de Lira e Soutomaior.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Arantei
Parroquias de Salvaterra de Miño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Salvaterra de Miño Ligazóns externas Arantei na páxina da Diocese de Tui-Vigo.
Categoría:Parroquias de Salvaterra de Miño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro