San Salvador de Cervaña é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 117 habitantes (57 mulleres e 60 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.

Historia e patrimonio Destaca na historia de Cervaña a liñaxe dos Fernández de Deza e Taboada, que recibiron o título de Patrón de Cervaña. Estes construíron a carón da igrexa a súa capela funeraria.

Pola parroquia cruza o viaduto de Reguenga, da AP-53, e nela sitúase unha das estacións de pago de peaxe.

Nesta parroquia naceron o relixioso Andrés Aguiar Caamaño, que chegou a ser bispo de Mondoñedo, e os políticos Manuel, Rafael e Ramón García Sampayo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cervaña

Parroquias de Silleda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Cervaña na web municipal de turismo

Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador