dereita|miniatura|250px|Xosé, fillo de Xacobe, obra de Peter von Cornelius.

Xosé é un nome propio masculino galego e asturiano. A súa orixe é o hebreo yôsef (יוסף) «anada», do verbo lehosif (להוסיף) «engadir» «(Deus) engadirá» ("Deus dará").

En xaneiro de 2023 existían 455 varóns en Galicia co nome Xosé, cunha media de idade de 40,7 anos.Nome Xosé na Web do Instituto Galego de Estatística

Etimoloxía A explicación do significado deste nome que acha no Antigo Testamento, no libro da Xénese é a seguinte:

Variantes do nome En galego tamén ten os hipocorísticos Pepe, Pepiño, Piño, Pepín, Pepucho, Pucho, Pepaño, Xepe, Che, Cheíño, Chi, Chiño, Checé, Xexo, Xosín, Xosiño, Seso, Sesé, Se, Ieie ou Xe.

11 parroquias teñen a San Xosé coma padrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xosé).

Festa A festividade de San Xosé é o 19 de marzo e o 1º de maio, San Xosé Obreiro, Día do Traballador.

Personaxes célebres Personaxes bíblicos miniatura|150px|En hebraica, "Yosef" (יוסף). Detalle de mosaico-mural israelita simbólico da Tribo Israelita de Xosé, cuxo símbolo é o trigo.Sinagoga de Givat Mordejai, Xerusalén. Xosé, fillo de Xacobe, patriarca do pobo de Israel, xefe dunha das doce Tribos de Israel e pai de Efraín e Manasés. Xosé de Nazaret, carpinteiro, home de María e pai terreal de Xesús. Xosé de Arimatea, que foi quen solicitou poder dar sepultura a Xesús de Nazaret.

Santos Xosé Cafasso, sacerdote, defensor dos presos condenados a morte. Xosé de Calasanz, sacerdote, fundador da primeira escola cristiá popular (Escolas Pías) de Europa. Xosé de Leonessa, capuchino. Xosé Marello Vialle, bispo, fundador da Congregación dos Oblatos de San Xosé. Xosé María Rubio, confesor xesuíta, apóstolo de Madrid. Xosé Oriol, sacerdote. Xosé de Cupertino, freire. Xosemaría Escrivá de Balaguer, sacerdote, fundador do Opus Dei.

Nobres Xosé I do Sacro Imperio Romano Xermánico. Xosé II do Sacro Imperio Romano Xermánico. Xosé I de España (Xosé Bonaparte, irmán de Napoleón Bonaparte). Xosé I de Portugal

Variantes noutras linguas

albanés: Jozef, Jozefina, Zef, Josif. alemán: Josef, Joseph, con diversas formas de diminutivo, principalmente Jupp. alsaciano: Sepp, frecuentemente usado co diminutivo, Seppi no Alto Rin e Seppele no Baixo Rin. aragonés: Chusé, ChusepEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. armenio: Hovsep árabe: يوسف (Yūsuf), dialectal Yusef, Youcef. Asturiano: Xosé azerí: Yusif, Yusuf, Usub. búlgaro: Yosif castelán arcaico: Joseph, Josef (formas de escribilo até mediados do século XIX). catalán: Josep, Pep, Josepa (feminino), Pepa (feminino). checo: Josef, e como diminutivo Pepa. coreano: "요셉", "요섭" (o sobrenome escrito en alfabeto coreano ou hangul). corso: Ghjaseppu croata: Josip, Joso, Jozo, Joško, Bepo, Joža. esloveno: Jože esperanto: Jozefo estoniano: Joosep finés: Jooseppi francés: Joseph escocés (gaélico escocés): Seòsaidh esloveno: Jožef, Jože éuscaro: Joseba, Josepe, Joxe galego: Xosé galego medieval: Joseph, Josef (formas de escribilo até mediados do século XIX). grego moderno: Ιōσιφ / Yosiph húngaro: József, Jóska inglés: Joseph; a forma coloquial moi difundida e até usada como nome é Joe pron. [you], o seu diminutivo é Joey. irlandés: Seosamh italiano: Giuseppe;Nome moi estendido polo sur de Italia: segundo unha estimación realizada no ano 2000 no século XX en Italia atopouso como o primeiro nome máis común. Nomes masculinos en Italia no Século XX . aumentativo Peppone, dialectal: Beppe, Beppo, Peppe, Peppuzzo, Pino, Pippo. latín: Iosephus letón: Jazeps limurgués:cc Joep lituano: Juozapas maltés: Ġużeppi ; outras formas Żeppi, Ġużè, Peppi. maorí: Hohepa neerlandés: Jozef occitano: Josèp persa: یوسف / Yusof. polaco: Józef portugués: José; o diminutivo moi frecuente é Zé. rifeño: Yousri romanés: Iosif ruso: Иосиф (Iósif), Yosip, Osip. sardo: Zuseppe ; o diminutivo é Peppe. serbio: Josif turco: Yusuf ucraíno: Yosyp xaponés: ホセ / hose xeorxiano: იოსებ/Yoseb

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe hebrea Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos asturianos