Oncorhynchus clarkii (antes Salmo clarkii) é unha especie de troitas da familia Salmonidae nativa das augas frías de ríos do continente norteamericano costeiros que desembocan no Pacífico, ou discorren polas Montañas Rochosas, e pola Gran Cunca, pertencentes aos Estados Unidos ou Canadá. É unha das troitas do Pacífico do xénero Oncorhynchus, no cal se inclúe tamén a máis abondosa troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss). O. clarkii é moi popular entre os pescadores con cana deportivos. Caracterízase por ter unha distintiva banda de cor vermella na gorxa baixo a mandíbula inferior, polo que parece que ten a garganta cortada, ao que se debe o nome que lle dan na súa área de distribución, cutthroat trout (~troita degolada). O seu nome científico específico, clarkii, déuselle en honor ao explorador William Clark, que codirixiu a Expedición de Lewis e Clark de 1804 que atravesou o daquela mal coñecido noroeste dos Estados Unidos.
Esta troita xeralmente habita e desova en ríos de pouco fondo de lonxitude pequena a moderada, de augas claras e ben oxixenadas con fondos de grava. Tamén se reproduce en lagos moderadamente profundos claros e fríos. Son nativas de correntes aluviais ou de fluxo estacional (sobre arenitos, lousas e rochas cristalinas) que son normalmente afluentes de ríos da cunca do Pacífico, a Gran Cunca e as Montañas Rochosas. Desova na primavera e pode hibridarse de forma inadvertida e natural coa troita arco da vella, dando lugar a híbridos fértiles. Algunhas poboacións da O. c. clarkii son semi-anádromas, é dicir, migran durante un período ao mar.
Coñécense varias subespecies desta troita, algunhas das cales se consideran ameazadas nas súas áreas de distribución nativas debido á perda de hábitats e á introdución de especies non nativas. Dúas das subespecies, O. c. alvordensis e O. c. macdonaldi, considéranse extinguidas. A especie foi criada artificialmente para restablecer as poboacións nos seus territorios nativos, e para manter poboacións en lagos non nativos para soportar a pesca deportiva. Esta especie ou algunhas das subespecies son símbolos oficiais dalgúns dos estados do oeste dos Estados Unidos.
Taxonomía
miniatura|alt=Mapa da evolución filoxenética da O. clarkii.|Mapa filoxenético de O. clarkii. O nome científico actual desta troita é Oncorhynchus clarkii, pero o seu nome cambiou varias veces desde que foi descrita. Foi a primeira troita que atoparon os europeos no Novo Mundo, concretamente en 1541, cando o explorador español Francisco de Coronado deixou rexistrado que a vira no río Pecos preto de Santa Fe, Novo México. Tratábase probablemente da subespecie de Río Grande (O. c. virginalis) A especie describiuse por primeira vez nos diarios do explorador William Clark a partir de espécimes recollidos durante a Expedición de Lewis e Clark no río Missouri preto de Great Falls, Montana, e seguramente era a subespecie O. c. lewisi. Como unha das moitas misións de Lewis e Clark era describir a flora e a fauna que encontrasen durante a expedición, a esta troita déuselle o nome de Salmo clarkii en honor de William Clark. En 1836, o espécime tipo de S. clarkii foi descrito polo naturalista John Richardson a partir de exemplares dun afluente do curso inferior do río Columbia, identificado co nome de "Katpootl", que quizais era o río Lewis, xa que había unha aldea de indios Multnomah con nome similar na confluencia. Este espécime tipo era posiblemente da subespecie da costa O. c. clarkii. Ata a década de 1960, as poboacións das subespecies do westslope e do Yellowstone estaban incluídas nunha mesma subespecie chamada Salmo clarkii lewisii. Despois, os biólogos dividiron o grupo en dúas subespecies, dándolle á do westslope o nome de lewisii en honor do explorador Meriwether Lewis e renomeando a do Yellowstone como Salmo bouvierii; este último nome deullo David Starr Jordan en 1883 en honor do capitán Bouvier do exército norteamericano.
En 1989, os estudos morfolóxicos e xenéticos indicaron que as troitas da cunca do Pacífico eran xeneticamente máis próximas ao salmón do Pacífico (Oncorhynchus species) que ao xénero Salmo (troitas e salmóns do Atlántico). Entón, en 1989, as autoridades taxonómicas moveron a troita arco da vella e outras troitas da cunca do Pacífico, incluída a actual O. clarkii, ao xénero Oncorhynchus.
Subespecies
Behnke no seu manual de salmóns e troitas de 2002 recoñecía 14 subespecies desta troita cada unha das cales era nativa dunha área xeográfica separada. Non todas elas foran descritas cientificamente, e nalgúns casos presentáronse diferentes opinións sobre as súas identidades taxonómicas. Suxeriuse que esta troita evolucionou a partir dun antepasado do Oncorhynchus común que migrou ao longo da costa do Pacífico e cara ao oeste ás montañas principalmente polas cuncas dos ríos Columbia e Snake hai de 3 a 5 millóns de anos, a finais do plioceno ou inicios do plistoceno. Esas épocas sufriron repetidos períodos glaciais e interglaciais que causarían unha repetida fragmentación e illamento das poboacións desta troita, o que tivo finalmente como resultado as diferentes subespecies que atopamos hoxe. As 14 subespecies poden agruparse en catro grupos evolutivos: da costa, do westslope, do Yellowstone e do Lahontan, como se resume na táboa.
Grupo xeográficoNome comúnNome científicoÁrea de distribuciónImaxeCosta do Pacífico da costa. O. c. clarkii (Richardson, 1836) Nativa en ríos tributarios costeiros desde o norte de California a Alasca. O. c. clarkii é a subespecie tipo da especie. 100px
subespecie da costado Crescent O. c. crescenti Xa non se recoñece como subespecie, pero é unha poboación singular da costa endémica do Lago Crescent, Washington.Behnke, Robert J. Native Trout of Western North America. American Fisheries Society, 1992 p. 65.Gran Cuncado Alvord O. c. alvordensis† Behnke, 2002 Era endémica dos afluentes do lago Alvord no sueste de Oregón; considérase extinguida. 100px
subespecie do Bonneville do BonnevilleO. c. utah (G. Suckley, 1874) Nativa dos afluentes do Gran Lago Salgado e outros afluentes da cunca do Bonneville. do HumboldtO. c. humboldtensis Trotter e Behnke, 2008 Curso superior do río Humboldt, curso superior do río Quinn, e cunca do Whitehorse (Coyote), en Nevada e Oregón. Considerada pola Nevada Division of Wildlife como unha poboación singular de O. c. henshawi. do LahontanO. c. henshawi (Gill e Jordan, 1878) Nativa do leste de California e oeste de Nevada. Designada como especie ameazada (1975).da cunca do Whitehorse Considerada unha subespecie por Behnke (2002), pero non por Trotter & Behnke (2008).Nativa do sueste de Oregón. Considerada un segmento de poboación distinto da troita do Lahontan polo U.S. Fish and Wildlife Service, e da do río Humboldt por Trotter e Behnke (2008).paiute O. c. seleniris (J. O. Snyder, 1933) Endémica do leste das montañas de Sierra Nevada, e designada como ameazada (1975).Rochosas do nortedo Snake River O. c. behnkei (Montgomery, 1995) Considerada por algúns especialistas como unha poboación de O. c. bouvieri. É nativa do río Snake de Idaho e Wyoming. 100px
subespecie do río Snake 100px
subespecie do Yellowstonedo westslope O. c. lewisi (Suckley, 1856) Nativa do norte de Idaho, Montana, Columbia Británica, e Alberta.de aletas amarelas O. c. macdonaldi† (Jordan & Fisher, 1891) Era endémica de Twin Lakes, Colorado; agora está extinguida.do YellowstoneO. c. bouvierii (Jordan e Gilbert, 1883) Nativa do curso alto do río Snake, lago Yellowstone, e río Yellowstone, en Idaho, Montana e Wyoming.Rochosas do surdo Colorado (Cope, 1872) Nativa dos afluentes do río Green (Utah) e río Colorado. 100px
subespecie de Río Grandede dorso verde O. c. stomias (Cope, 1871)Nativa das cabeceiras do río Arcansas e do río South Platte nas vertentes leste das Montañas Rochosas en Colorado; designada como ameazada (1978).de Río Grande O. c. virginalis (Girard, 1856) Nativa de Novo México e sur de Colorado.
Descrición
miniatura|esquerda|Cabeza da subespecie do Yellowstone (O. c. bouvierii), mostrando as súas características "talladas" vermellas na gorxa.
Ao longo da súa área de distribución nativa ou introducida, esta troita varía moito en tamaño, coloración e selección de hábitat. A súa coloración pode variar desde o dourado ao gris ou ao verde no dorso. Pode xeralmente distinguirse da troita arco da vella pola presenza de dentes basibranquiais na base da lingua e un maxilar que se estende alén do bordo posterior do ollo. Dependendo da subespecie, cepa e hábitat, a maioría delas teñen unhas distintivas marcas vermellas, rosas ou laranxas ao longo da parte inferior das mandíbulas nos pregamentos inferiores das placas das branquias. A estas marcas se debe o nome de cutthroat trout (~troita degolada) co que se coñece na súa rexión nativa, que lle deu por primeira vez o escritor amante da natureza Charles Hallock nun artigo de 1884 publicado en The American Angler. Estas marcas non son exclusivas desta especie, xa que algunhas poboacións de subespecies de troitas arco da vella (Oncorhynchus mykiss irideus e O. m. gairdneri) tamén presentan marcas na gorxa avermelladas ou rosas.
Na madureza, diferentes poboacións e subespecies de O. clarkii poden medir desde 15 a 102 cm de lonxitude, dependendo do hábitat e dispoñibilidade de alimento. As formas costeiras que migran ao mar pesan como media de 0,9 a 2,3 kg. As lonxitudes e pesos das formas maduras do interior varían moito dependendo do seu ambiente particular e dispoñibilidade de alimento. As que residen nun río son moito menores, de 11 a 91 g, mentres que as poboacións lacustres chegan a pesos de ata 5,4 a 7,7 kg en condicións ideais. A subespecie máis grande é a do Lahontan (O. c. henshawi), que mide de 20 a 23 cm en pequenos ríos e de 20 a 56 cm en ríos grandes e lagos. En contornos ideais, a subespecie do Lahontan chega a pesos típicos de 0,11 a 3,63 kg. O récord mundial para esta especie é un exemplar do Lahontan de 99 cm e 19 kg.
Ciclo de vida
Esta especie habita e desova en ríos de pouco fondo, de pequenos a moderadamente grandes, de augas claras e ben oxixenadas, con fondos de grava. Son nativos de ríos aluviais ou de fluxo con gran variación estacional que cursan sobre leitos de arenito, lousa ou rocha cristalina, como os tributarios da cunca do Pacífico, a Gran Cunca e as Montañas Rochosas. Desovan na primavera, desde febreiro nos ríos costeiros, e ata xullo nas correntes e lagos de montaña. O desove empeza cando a temperatura das augas está entre 6 e 8 °C. Constrúen unha depresión que limpan na grava do río e depositan nela os ovos. As femias son as que seleccionan o sitio e escavan o "niño", e despois depositan, dependendo do seu tamaño, entre 200 e 4.400 ovos. Os ovos son fertilizados co esperma por un macho que agarda o momento da posta. Un mes despois, dos ovos eclosionan os alevíns, aínda con saco vitelino, que pasan dúas semanas na grava mentres absorben o seu vitelo antes de saíren á corrente. Despois, as crías empezan a alimentarse de zooplancto. Os xuvenís normalmente maduran entre os tres e os cinco anos. As que viven en lagos encóntranse a moderada profundidade, en lagos fríos con zonas pouco fondas axeitadas e vexetación que proporcione nutrición á cadea trófica. As poboacións dos lagos xeralmente deben poder acceder a correntes con fondo de grava para poder automanterse, pero ocasionalmente desovan en zonas de grava pouco fondas cunha boa circulación de auga.