thumb|right|235px|O Secretario Xeral do PCUS Nikita Khrushchev realizou o discurso durante o 20º Congreso partidario.
O chamado discurso secreto, cuxo nome oficial é sobre do culto á personalidade e ás súas consecuencias, é unha famosa intervención do líder soviético Nikita Khrushchev durante o 20º Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética, o 25 de febreiro de 1956. Neste denunciáronse os crimes de Stalin e a represión durante a chamada Gran Purga nos anos anteriores á segunda guerra mundial.
Este discurso significou o rompemento da liña oficial do partido dos postulados reflectidos no chamado stalinismo, dunha maneira que intentase volver de regreso ao PCUS ao seu leninismo oficial e inicial, instaurando o repudio contra o culto á personalidade.
O seu nome é debido á sesión na cal foi pronunciado, xa que era unha sesión reservada na cal non participaron os invitados estranxeiros do Congreso. Ademais o seu texto orixinal só foi publicado na súa totalidade na gaceta oficial do Comité Central do partido o 3 de marzo de 1989, como produto da apertura realizada por Gorbachov no proceso coñecido como glásnost.
Estrutura do discurso A estrutura parcial do discurso é a seguinte:
Denuncia do culto a Stalin. Citas dos textos clásicos de marxismo-leninismo polos que se ataca ao culto ao individuo. Citas do testamento de Lenin e de escritos de Nadezhda Krupskaya nos cales se ataca ao carácter de Stalin. Antes de Stalin a disputa ideolóxica co Trotskismo era netamente intelectual, e el foi o que introduce o concepto de "inimigo do pobo". Violación por parte de Stalin das normas sobre o liderado colectivo. Represión contra os "vellos bolcheviques" e os delegados ao XVII Congreso. Dos 1.966 delegados, 1.108 foron acusados de ser contrarevolucionarios, sendo executados 848 deles. Dos 139 membros e candidatos ao Comité Central, 98 foron declarados "inimigos do pobo". Despois da brutal represión, Stalin deixa de considerar as opinións colectivas. Exemplos da represión stalinista: Creación de probas falsas para acusar aos seus inimigos. Esaxeración do seu rol durante a Gran Guerra Patriótica. Deportación das nacionalidades. Complot dos doutores Creación de pinturas, cancións etc. para gabanza ao líder.
Véxase tamén Outros artigos Stalin Desestalinización Culto á personalidade
Ligazóns externas BBC, "Cando a URSS "desterra" a Stalin" . Texto do Discurso secreto .
Categoría:Historia da Unión Soviética Categoría:Política da Unión Soviética Categoría:Discursos