Phalacrocorax neglectus é unha especie de corvo mariño de mediano tamaño que é endémico de Namibia e do litoral occidental de Suráfrica. Vive nas costas e raramente foi atopado a máis de 15 km en mar aberto.
Descrición É unha ave de corpo pesado, duns 75 cm de lonxitude. Xeralmente é negra cun brillo broncíneo, aínda que as ás son marróns escuras. Os adultos teñen unha pequena crista na cabeza, e na época reprodutora teñen algunhas plumas brancas na cabeza e parte posterior do dorso, que despois perden. Unha característica de diagnóstico nos adultos é teren ollos claros na cara totalmente negra, mentres que os inmaturos teñen ollos escuros.Princeton Illustrated Checklists-Birds of Southern Africa-Ber Van Perlo, 1999 Carecen da mancha gular laranxa doutras especies da súa zona como Phalacrocorax capensis.
Ecoloxía Come principalmente peixes, pero tamén un dos seus alimentos principais son as lagostas Jasus lalandii, e a súa área de alimentación coincide coas áreas de kelpo onde viven estas lagostas, aínda que tamén comen outros crustáceos e cefalópodos. Entre os peixes que depreda salienta o gobio peláxico Sufflogobius bibarbatus.
As aves poden reproducirse en calquera momento do ano, e poñen dous ou tres ovos brancos nun niño construído con algas con paus e plumas. Viven en colonias, pero aliméntanse soas ou en pequenos grupos.
Conservación A ave é considerada "en perigo" pola IUCN. As poboacións destas aves declinaron abruptamente nas últimas décadas, parcialmente debido á pesca comercial do peixe Sufflogobius bibarbatus do que se alimenta, e en parte polo incremento das molestias humanas, e tamén polo aumento das gaivotas Larus dominicanus, que son depredadoras activas dos ovos e pitos deste corvo mariño, como tamén o son os Pelecanus onocrotalus. Tamén foron afectados por verteduras de petróleo ou capturadas en aparellos de pesca. A poboación mundial é agora probablemente dunhas 2.800 parellas reprodutoras en 2006. As poboacións máis importantes encóntranse nas illas Mercury e Ichaboe de Namibia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas BirdLife Species Factsheet. Informe sobre a especie da Unidade de Demografía Animal da Universidade de Cidade do Cabo Bank Cormorant - en The Atlas of Southern African Birds.
Categoría:Suliformes