Delfín Modesto Brandón (na grafía portuguesa Delfim Modesto Brandão), nado en Tourém (Montalegre) en 1835, foi o penúltimo Xuíz ou Alcalde (Xefe de Estado) do Couto Mixto, de acordo coas súas memorias.

Traxectoria Mudouse ó Couto Mixto e asumiu o cargo de Xuíz en xaneiro de 1863, sendo elixido para pór fin ós abusos continuos e violacións da soberanía por parte das autoridades portuguesas e españolas. Renunciou ó cargo cando a partición e anexión do territorio era inminente. Foi seguido por un último Xuíz, que rematou o seu mandato coa partición e anexión formal do territorio, entre España e o Reino de Portugal, o 23 de xuño de 1868.

Entre 1881 e 1885 serviu na administración postal española en Aguadilla, Porto Rico.

En 1904 completou un libro de memorias onde conta as últimas décadas do Couto Mixto ata a súa extinción. Estas memorias foron publicadas en castelán no 1907 como Interesante Historieta del Coto Mixto.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Couto Mixto Tratado de Lisboa (1864)

Categoría:Nados en 1835 Categoría:Nados no distrito de Vila Real Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Finados en ano descoñecido