O tránsito de Mercurio é o paso, observado dende a Terra, deste planeta por diante do Sol. A aliñación destes tres astros (Sol, Mercurio e Terra) prodúcese por ter Mercurio un período orbital menor que o da Terra, e produce un efecto que, dende a Terra, só é comparable co tránsito de Venus. Neste efecto, Mercurio vese (por medio de telescopios ou outra amplificación, pois é demasiado pequeno o planeta e perigosa a luz solar para velo a ollo nu) como unha pequena mancha negra que vai trasladándose sobre a superficie solar. Como Mercurio ten a órbita nun plano diferente ó da eclíptica do noso planeta (7° de diferenza) fai que este fenómeno só ocorra unha vez cada varios anos. miniatura|230px|Tránsito de Mercurio, en 2006. Ver que as manchas solares aparecen moito maiores que o planeta. Para que o tránsito se produza, fai falla que a Terra estea preto dos nodos da órbita. A Terra atravesa cada ano a liña dos nodos da órbita de Mercurio o 8-9 de maio e o 10-11 de novembro. Se nesa data coincide unha conxunción inferior, é dicir, Mercurio máis próximo á Terra que o Sol, haberá tránsito. Hai certa periodicidade neste fenómeno, aínda sobmetido a regras das que deriva unha relación temporal complexa. É claro que ten que ser múltiplo do período sinódico. Mercurio adoita transitar o disco solar, de media, unhas 13 veces cada século, en intervalos de 3, 7, 10 e 13 anos.
O día 9 de maio de 2016 foi visible de xeito teórico (nubosidade) dende Galicia un tránsito, dende as 13:20 ás 20:40 horas (hora oficial en España)
Para ver o tránsito
Mirar o tránsito a ollo nu é perigoso, pois implica o mirar directamente ó Sol, o que fai que a retina se queime ós poucos segundos. Ademais, e como o tamaño aparente de Mercurio é moi pequeno, os filtros e lentes especiais para ver eclipses resultan inservibles. Para afeccionados proponse a proxección nunha pantalla cun telescopio equipado cun filtro solar, o que permite ver unha imaxe ampliada do Sol e evita riscos.
Tránsitos na historia
Os pasos de Mercurio polo disco solar nos séculos XX e XXI son os seguintes:
12 de novembro de 1907 7 de novembro de 1914 7 de maio de 1924 10 de novembro de 1927 11 de maio de 1937 12 de novembro de 1940 14 de novembro de 1953 5 de maio de 1957 6 de novembro de 1960 9 de maio de 1970 10 de novembro de 1973 12 de novembro de 1986 6 de novembro de 1993 15 de novembro de 1999 7 de maio de 2003 8 de novembro de 2006 9 de maio de 2016 11 de novembro de 2019 13 de novembro de 2032 7 de novembro de 2039 7 de maio de 2049 9 de novembro de 2052 10 de maio de 2062 11 de novembro de 2065 14 de novembro de 2078 7 de novembro de 2085 8 de maio de 2095 10 de novembro de 2098
+ Trásitos de Mercurio, en detalleTránsitos de Mercurio Data do momento medio do tránsito Hora (UTC) Notas Comezo Medio Fin 7 de novembro de 1631 Observado por Pierre Gassendi. 13 de novembro de 1651 Observado por Jeremy Shakerly en Surat, informado en carta a Henry Osbourne en xaneiro de 1652. Pénsase que Shakerly morreu na India arredor de 1655.Chapman, A. (1985), Transactions of the Historical Society of Lancashire and Cheshire Volume 135 pp 1–14 3 de maio de 1661 O día da coroación de rei Carlos II de Inglaterra. Observado por Christiaan Huygens en Londres. 7 de novembro de 1677 Observado por Edmund Halley en Santa Helena, Richard Towneley en Lancashire, Jean Charles Gallet en Avignon; segundo a carta de John Flamsteed a Johannes Hevelius o 23 de maio de 1678 Eric G. Forbes et al. (1995), Correspondence of John Flamsteed Volume 1, Institute of Physics Publishing, p. 624-627 5 de novembro de 1743 Para velo en toda a Terra, foron organizadas observacións científicas, coordinadas pro Joseph-Nicolas Delisle. 6 de maio de 1753 9 de novembro de 1769 23:09 Observado por Charles Green e James Cook dende Mercury Bay (Nova Zelandia).Wayne Orchiston 1994, James Cook and the 1769 Transit OF Mercury, Carter Observatory ISSN 1173-7263 http://www.transitofvenus.co.nz/docs/CarterObservatoryInfo3.doc Anotouse que Mercurio ou ben non tiña atmosfera ou a tiña moi tenue. 9 de novembro de 1802 06:16 08:58 11:41 Observado por William Herschel en InglaterraMagazine of Popular Science, and Journal of the Useful Arts, Volume 3 p.154 12 de novembro de 1815 00:20 02:33 04:46 5 de novembro de 1822 01:04 02:25 03:45 5 de maio de 1832 09:04 12:25 15:47 7 de novembro de 1835 17:35 20:08 22:41 8 de maio de 1845 16:24 19:37 22:49 9 de novembro de 1848 11:07 13:48 16:28 12 de novembro de 1861 05:21 07:19 09:18 5 de novembro de 1868 05:28 07:14 09:00 6 de maio de 1878 15:16 19:00 22:44 7 de novembro de 1881 22:19 00:57 03:36 9 de maio de 1891 23:57 02:22 04:47 10 de novembro de 1894 15:58 18:35 21:11 14 de novembro de 1907 10:24 12:07 13:50 7 de novembro de 1914 09:57 12:03 14:09 8 de maio de 1924 21:44 01:41 05:38 10 de novembro de 1927 03:02 05:46 08:29 11 de maio de 1937 08:53 08:59 09:06 Só visible como tránsito parcial no sur de África e Asia e en Australia Occidental. 11 de novembro de 1940 20:49 23:21 01:53 14 de novembro de 1953 15:37 16:54 18:11 6 de maio de 1957 23:59 01:14 02:30 7 de novembro de 1960 14:34 16:53 19:12 9 de maio de 1970 04:19 08:16 12:13 10 de novembro de 1973 07:47 10:32 13:17 13 de novembro de 1986 01:43 04:07 06:31 6 de novembro de 1993 03:06 03:57 04:47 15 de novembro de 1999160px 21:15 21:41 22:07 Tránsito parcial en Australia, a Antártida e a illa sur de Nova Zelandia. 7 de maio de 2003 05:13 07:52 10:32 8 de novembro de 2006160px 19:12 21:41 00:10 9 de maio de 2016160px 11:12 14:57 18:42 Vese completo en Suramérica, este de Norteamérica, Europa Occidental. No resto do planeta, de xeito parcial (coincidindo co amencer ou o anoitecer) excepto en Australia e extremo oriente.320px 11 de novembro de 2019160px 12:35 15:20 18:04 320px 13 de novembro de 2032 06:41 08:54 11:07 7 de novembro de 2039 07:17 08:46 10:15 7 de maio de 2049 11:03 14:24 17:44 9 de novembro de 2052 23:53 02:29 05:06 10 de maio de 2062 18:16 21:36 00:57 11 de novembro de 2065 17:24 20:06 22:48 14 de novembro de 2078 11:42 13:41 15:39 7 de novembro de 2085 11:42 13:34 15:26 8 de maio de 2095 17:20 21:05 00:50 10 de novembro de 2098 04:35 07:16 09:57 12 de maio de 2108 01:40 04:16 06:52
Véxase tamén Ligazóns externas
NASA: Transits of Mercury, Seven Century Catalog: 1601 CE to 2300 CE NASA, Near-live images from Mercury's Transit across the Sun (2016) NASA: Image from the transit of Mercury in 2003 Shadow & Substance.com: Transit of Mercury Animated for November 8, 2006 Transits of Mercury – Fourteen century catalog: 1 601 AD – 3 000 AD Transits of Mercury on Earth – Fifteen millennium catalog: 5 000 BC – 10 000 AD Desafío proposto pola ESA para os centros escolares (inglés)
Categoría:Mercurio