Cipriano Fernández Brage, nado en Serantes e finado en Aranga o 5 de novembro de 1936, foi un radiotelegrafista e político galego.
Traxectoria Na República foi concelleiro en Fisterra e logo do falecemento do alcalde Pedro Paz Rodríguez, foi elixido alcalde de Fisterra o 10 de novembro de 1932. Como alcalde promoveu a construción de fontes e lavadoiros e acometeu a instalación de alumeado eléctrico na capital municipal e en varias aldeas. Foi deputado provincial. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por falanxistas en Fisterra, e apareceu morto no pozo da ponte da Castellana (Vilarraso, Aranga).
Véxase tamén Bibliografía : "Cipriano Fernández: otra víctima de la barbarie" La Voz de Galicia, 5/12/2016.
Categoría:Alcaldes de Fisterra Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos