Internet das cousas (, abreviado IoT) é un concepto que se refire á interconexión dixital de obxectos cotiáns con Internet.
Concepto O concepto Internet das cousas foi proposto por Kevin Ashton no Auto-ID Center do MIT en 1999, onde se realizaban investigacións no campo da identificación por radiofrecuencia en rede (RFID) e tecnoloxías de sensores.
Por exemplo, se os libros, termostatos, neveiras, paquetería, lámpadas, caixas de urxencias ou partes automotrices, entre outros, estivesen conectados a Internet e equipados con dispositivos de identificación, non existirían, en teoría, artigos fóra do inventario ou medicinas caducadas; saberíase exactamente a localización e como se consomen no mundo; desaparecerían as perdas e saberíase se están acesos ou apagados en todo momento.Gershenfeld, Nel; Raffi Krikorian y Danny Cohen, "The Internet of Things" Scientific American, outubro 2004, p. 79.
A Internet das cousas debería codificar de 50 a 100 billóns de obxectos e seguir o seu movemento, xa que se calcula que todo ser humano está rodeado de entre 1000 e 5000 obxectos.Pablo Mancini, En Internet hay más objetos que personas, , 21/07/2013 Segundo a empresa Gartner, en 2020 haberá no mundo aproximadamente 26 000 millóns de dispositivos cun sistema de conexión á Internet das cousas. Abi Research, por outra banda, asegura que para ese ano existirán 30 000 millóns de dispositivos sen fíos conectados a Internet.More Than 30 Billion Devices Will Wirelessly Connect to the Internet of Everything in 2020, ABI Research Coa próxima xeración de aplicacións de Internet (protocolo IPv6), poderíanse identificar todos os obxectos, o que non era posible con IPv4. Este sistema sería capaz de identificar instantaneamente calquera tipo de obxecto por medio dun código. O valor do mercado está proxectado en 80 mil millóns de dólares.
A empresa estadounidense Cisco, que está detrás da iniciativa da Internet das cousas, creou un "contador de conexións" sen fíos que lle permite estimar o número de cousas conectadas dende xullo de 2013 ata 2020. O concepto de que os dispositivos se conectan á rede a través de sinais de radio de baixa potencia é o campo de estudo máis activo da Internet das cousas. A explicación reside en que os sinais deste tipo non precisan Wi-Fi nin Bluetooth. Non obstante, estanse a investigar distintas alternativas que precisan menos enerxía e que resultan máis económicas baixo o nome de "Chirp Networks".Francis daCosta, Intel Technical Books, Rethinking the Internet of Things
A expresión Internet da cousas adoita empregarse cunha denotación de conexión avanzada de dispositivos, sistemas e servizos que vai alén do tradicional M2M (máquina a máquina) e cobre unha ampla variedade de protocolos, dominios e aplicacións.J. Höller, V. Tsiatsis, C. Mulligan, S. Karnouskos, S. Avesand, D. Boyle: From Machine-to-Machine to the Internet of Things: Introduction to a New Age of Intelligence . Elsevier, 2014, ISBN 978-0-12-407684-6 O servizo touchatag de Alcatel-Lucent e o gadget Violeta Mirror poden proporcionarlles un enfoque de orientación pragmática aos consumidores da Internet das cousas, polo que calquera pode ligar elementos do mundo real ao mundo en liña mediante as etiquetas RFID (e códigos QR no caso de touchatag).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Domótica Ligazóns externas
Categoría:Internet