Glironia venusta é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos,Glironia venusta no MSW. e, segundo a clasificación de Voss e Jansa, a única integrante da subfamilia dos glironiinos e do seu único xénero Glironia.R. S. Voss e S. A.Jansa (2009): Phylogenetic relationships and classification of didelphid marsupials, an extant radiation of New World metatherian mammals, en Bulletin of the American Museum of Natural History nº 322, 177 pp.
Porén, outros autores sitúana na subfamilia dos didelfinos,Didelphidae no MSW. ou na subfamilia dos caluromiinos desta familia,Glironia Thomas, 1912 no ITIS.Glironia no NCBI.
Coñécese ha bibliografía internacional como sarigüeia de cola de pincel ou '''glironia gris.
É unha pequena sarigüeia que vive en Bolivia, Brasil, Ecuador, Perú e Colombia.. Os seus hábitats naturais son os bosques tropicais e subtropicais da Amazonia, desde as terras baixas húmidas até os 500 m de altitude.
Taxonomía Descricións O xénero describiuno en 1912 o zoólogo británico especializado en mamíferos Oldfield Thomas, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 8, 9: 239.Glironia en MSW.
A especie foi descrita no mesmo ano, e polo mesmo autor, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 8, 9: 240.
Sinónimos A especie, ademais de polonome que lle impuxo Thomas, e actualmente válido, coñeceuse tamén polos sinónimos:
Glironia aequatorialis Anthony, 1926 Glironia criniger Anthony, 1926 Marmosa aceramarcae Tate, 1931
Características A sarigüeia de cola de pincel tan a pelaxe de cor que varía da parda a gris, con raias negras desde o nariz á testa, a través dos ollos. Unha ampla e prominente banda de cor parda escura con raias negras esténdese ao redor de cada ollo, o que lle dá a aparencia dunha máscara. As orellas son ovaladas, grandes, espidas e de cor negra. As mans e os pés son de cor parda ou gris. A cola é tupida, coa pel grosa. Pesa de 195 a 225 g.Glironia venusta en ARKive. A lonxitude da cabeza e tronco é de 16 a 20,5 cm.
Estado de conservación Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, o status desta especie na actualidade (2016) é de LC (pouco preocupante).Patterson, B. & Solari, S. (2008): Glironia venusta na Lista vermella da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 11-05-2016.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1. Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. Kemp, T. S. (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-850761-5. McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Ameridelfos Didelfimorfos Didélfidos
Ligazóns externas Bushy-tailed opossum (Glironia venusta) en ARKive. Con ampla información e numerosas imaxes Glironia venusta na ADW. Con ampla información, imaxes e bibliografía Glironia venusta na EOL.
Categoría:Marsupiais Categoría:Fauna de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1912