O Club Balonmano Porriño é un club de balonmán do concello do Porriño. Ten equipos en once categorías, tanto femininas coma masculinas. A sección feminina xoga na División de Honra, a máxima categoría en España.
Historia Na década de 1970 existiu un equipo de balonmán feminino no Porriño, que na tempada 1974-75 chegou a competir na primeira división, mais o proxecto desapareceu por falta de apoios económico. En 1985 fundouse o club, e na tempada 1990/91 comezaron a traballar coa canteira. Na tempada 1996/97 o club feminino ascendeu á División de Honra. Logo de catro anos descendeu á División de Prata, e recuperou a máxima categoría en 2011. tras unha fase de ascenso que se xogou na propia vila do Porriño. Na tempada 2013/2014 acadaron a 5ª praza, co que se clasificaron para a Recopa EHF, o que lograron de novo na tempada seguinte e na 2022/23.
Foi o club anfitrión da Copa da Raíña nas tempadas 2015-16 e 2016-17, e os dous anos chegaron ás semifinais. Na tempada 2019/20 ían en penúltima posición na liga cando se cancelou a competición por mor da pandemia de COVID-19, polo que finalmente mantiveron a categoría.
Na tempada 2023/24 acadaron a 4ª posición, o que lles permitiu clasificarse para a EHF European Cup. Na tempada 2024-25 clasificáronse para o play-off da liga e chegaron á final da EHF European Cup.
Traxectoria
Categoría feminina TempadaCategoríaPosto2011-2012División de Honra10º 2012-2013División de Honra6º 2013-2014División de Honra5º 2014-2015División de Honra7º 2015-2016División de Honra- Categoría masculina TempadaCategoríaPosto2011-2012Primeira Nacional2º 10px|descenso2012-2013Primeira División Autonómica 3º 2013-2014Primeira División Autonómica 7º 2014-2015Primeira División Autonómica 1º 10px|ascenso2015-2016Primeira Nacional10º
Distincións En 2024 recibiu o Premio Antonio Palacios ao deporte.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial
*