A arquieparquía católica caldea de Arbil (en , en ) é unha sé da Igrexa Católica Caldea, inmediatamente suxeita ao Patriarcado de Babilonia,situada na cidade do Kurdistán iraquí de Arbil. En 2012 contaba con 30.000 bautizados, sendo o seu arcebispo nesta data Baxar Uarda, C.SS.R.

Historia Arbil é a ex-sé metropolitana de Adiabena, que no século XIII perdeu tal consideración en favor de Mosul. O aumento da poboación católica no século XX axudou a restaurar a arquieparquía o 7 de marzo de 1968 por Paulo VI..

Territorio O territorio está subdividido en sete parroquias e ten a súa sede en Ankawa, na periferia de Arbil.Synodicon Orientale

Episcopoloxio Estevo Babaca (Babeka) † (1969 - 1994) Hanna Markho † (1994 - 1996) Santiago Ishaq (1997 - 1999) Xacobe Denha Scher † (2001 - 2005) Sé vacante (2005-2010) Baxar Uarda, C.Ss.R., (24 de maio 2010 - actualidade)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Divisións territoriais católicas en Iraq Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica caldea