A cuartifusa é unha figura musical que equivale a 1/128 do valor dunha redonda, isto é, dura a metade dunha semifusa.
Representación gráfica
Represéntase por un círculo negro cunha hasta terminada por cinco bandeirolas ao lado. O seu símbolo en Unicode é U+1D164«Musical symbols». Unicode.org.
Uso
Era moi usada na música barroca, mais a dificultade para executala fixo que progresivamente se deixase de empregar. Para prescindir dela os compositores simplemente duplicaron o tempo das súas pezas e empregaron no seu lugar semicorcheas, que son máis fáciles de ler.
A partir desa época é raro encontralas nas partituras e cando se utilizan acostuman aparecer en pasaxes breves e rápidas incluídas en movementos lentos. Por exemplo, figuran no primeiro movemento da Sonata Patética de Beethoven plasmando rápidas escalas.
miniatura|530px|center|Cuarto compás do primeiro movemento da Sonata Patética de Beethoven. O último grupo de notas á dereita son cuartifusas.
Notas
Categoría:Notación musical Categoría:Solfexo