Santa María da Guía de Randufe é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o IGE de 2019 tiña 2.125 habitantes (1.107 mulleres e 1.018 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha lixeira diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.138 habitantes.

Toponimia O topónimo Randufe é de orixe xermánica, o sufixo -ufe/ulfe significa lobo.

División eclesiástica Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.

Historia Esta parroquia conta cunha longa historia de ocupación humana desde a prehistoria. Os achados máis antigos correspóndense con restos de machadas paleolíticas... Entre as primeiras expresións artísticas atopamos varios petróglifos, entre os que destacan os do Alto do Coello, da Idade de Bronce (1800-600 a. C.). Na Idade de Ferro existiu un asentamento no barrio da Guía, o chamado Castro de Cotarel.

Persoeiros destacados

Arcebispo Manuel Lago González.

Lugares e parroquias Lugares de Randufe

Parroquias de Tui

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Tui

Categoría:Parroquias de Tui Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María da Guía Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía