Santa María de Piloño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 334 habitantes (168 mulleres e 166 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 446 habitantes.
Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Piloño.
Patrimonio Igrexa de Santa María de Piloño. Construída cara a 1700, sobre un antigo templo erixido por Diego Xelmírez. Ten planta de cruz grega e torre de dous corpos. Pazo de Raíndo. Moi reformado, conserva cheminea e lareira, hórreo, pombal e unha capela con retablo barroco. Capela de Oibás, construída en 1696.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Piloño
Parroquias de Vila de Cruces
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces
Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María