San Pedro de Salgueiros é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE de 2011 tiña 195 habitantes (114 mulleres e 81 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 251 habitantes.

Xentilicio O seu xentilicio, de orixe castelanizante, é salgueireño.

Xeografía A parroquia de Salgueiros está situada na ribeira do Ulla. Para cruzar o río, existe unha ponte de cemento, pero antes cruzábase pola ponte de Basebe, de madeira.

Patrimonio Ten dous castros, un deles coñecido como A Croa. A igrexa de San Pedro de Salgueiros é barroca. Existe tamén unha ermida dedicada á Santa Cruz.

Lugares e parroquias Lugares de Salgueiros

Parroquias de Vila de Cruces

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces

Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro