Santa María de Rubiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2025 tiña 1 140 habitantes (579 mulleres e 561 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un descenso continuado respecto ós anos 2016, cando tiña 1 240 veciños, e 2010, cando eran 1 285.

Cunha extensión de 5,6 km2, constitúe o 12% do territorio total do concello.

O código postal é 36619.

Historia A primeira referencia data do ano 912: "o arcebispado compostelán, era dono destas terras, por doazón do Rei Ordoño II no ano 912 ao abade D. Guto, do Mosterio de San Martiño Pinario."

En 1146 Rui García de Caamaño habitaba unha torre na freguesía de Rubiáns (que dará orixe ao Pazo de Rubiáns).

En 1390 Rui Fernández de Caamaño recibe en feudo Santa María de Rubiáns, de mans do Arcebispo Xoán García Manrique (xunto a Santa Baia de Arealonga -actual Vilagarcía-, San Pedro de Cornazo, Santo Estevo de Saiar e Santa Baia de Nantes) reconstruíndo esta torre.

O seu fillo, García de Caamaño “O fermoso”, funda o 12 de maio de 1441 “Vila-García" (actualmente Vilagarcía de Arousa).

Patrimonio Pazo de Rubiáns, en Rubiáns de Arriba.

Festas As festas de Rubiáns son na honra de Santa Prácida e San Ramón, e celébranse conxuntamente na primeira fin de semana de setembro. No ano 2008 recuperouse unha tradición nas festas de Santa Prácida, patroa da parroquia, organizando a Festa do Carneiro, que se celebrou a comezos de setembro e, en anos posteriores, en agosto.

Lugares e parroquias Lugares de Rubiáns

Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilagarcía de Arousa

Categoría:Parroquias de Vilagarcía de Arousa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María