miniatura|En Super Mario Bros., a estrela daba inmunidade por un curto período de tempo. Nos videoxogos, un power-up é un obxecto que beneficia ou fornece capacidades adicionais ó personaxe xogador como parte da mecánica de xogo, en contraste con outro tipo de obxectos do xogo que poden ter ou non beneficios ou outros usos determinados. Os power-ups adoitan conseguirse simplemente cando o personaxe os toca, mais tamén poden conseguirse en ocasións mediante a recolección de obxectos relacionados. Algúns exemplos de power-ups coñecidos na cultura popular son as boliñas do Pac-Man (considerado o primeiro power-up da historia dos videoxogos) e o Super Mushroom de Super Mario Bros., que acadou o primeiro posto da lista de UGO Networks' Top 11 Video Game Powerups.

Os power-ups adoitan estar pre-establecidos no mundo de xogo, aparecer de forma aleatoria, poden obterse ó bater determinados inimigos ou conseguirse ó abrir ou destruír contedores. Diferéncianse doutros obxectos dos videoxogos polo feito de que teñen efecto inmediato, teñen deseños que non se axeitan necesariamente ó mundo de xogo (con letras e símbolos que destacan sobre o resto do escenario), e son máis habituais en determinados xéneros de xogos, particularmente nos de acción, shoot 'em ups, first-person shooters e plataformas.

Considérase que o videoxogo Pac-Man foi o primeiro que incluíu unha mecánica de power-ups. O efecto destes ilustrouse nas escenas intermedias do videoxogo, na forma de interludios cómicos nos que Pac-Man e a pantasma Blinky perséguense o un ó outro. En 1984 o xogo Sabre Wulf indtroduciu power ups na forma de flores que cando florecían outorgaban efectos como un aumento da velocidade e invincibilidade. Posteriormente en 1985 Super Mario Bros. introduciu o Super Mushroom, que acadou certa popularidade fora do xogo, e foi descrito como o "power-up por excelencia".

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Videoxogos