La Malagueta é unha praia do distrito Leste da cidade de Málaga, en Andalucía. Trátase dunha praia urbana de area escura situada no litoral oriental da cidade, entre o porto de Málaga e a praia de La Caleta. Ten uns 1.200 metros de lonxitude e uns 45 metros de anchura media. É unha praia popular e frecuentada debido á súa céntrica situación, no barrio homónimo. Conta con toda clase de servizos.
Notas
Malagueta