Daniel Fraga Aguiar, nado en Ourense o 30 de marzo de 1877 e finado en Madrid en 1943, foi un profesor e político galego.

Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras. Foi profesor do Instituto de Lugo. Catedrático de Latín do Instituto de Pontevedra e vicepresidente da Deputación de Pontevedra durante a ditadura de Primo de Rivera, foi elixido en 1927 membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante das deputacións provinciais. Despois foi catedrático do Instituto de Segovia, do que foi nomeado director en decembro de 1936.Diario de Pontevedra, 26-12-1936, p. 3. Nos anos corenta era catedrático do Instituto Cervantes de Madrid.BOE, 18-10-1943, p. 10098. Finou en Madrid en 1943.BOE, 3-1-1944, p. 96.

Vida persoal Casou en Vigo con María Álvarez Gómez en 1908.El Norte de Galicia, 7-9-1908, p. 2.

Notas

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Nados en Ourense

Categoría:Nados en 1877 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Finados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes