¡Ahora caigo! foi un programa de televisión emitido por Antena 3 e presentado por Arturo Valls. É unha adaptación española do exitoso concurso israelí Lauf Al Hamilion (en hebreo: לעוף על המיליון) de Arutz 10.

Comezou a emitirse na noite dos martes en prime time o 6 de xullo de 2011. A partir do 22 de agosto de 2011 Antena 3 suprimiu El Diario para expoñer unha versión diaria deste concurso, de luns a venres ás 18:30 horas, cun premio de 100.000 euros. O 23 de novembro de 2015 o formato é remodelado, engadindo novas probas.

O programa acumulaba unha audiencia media na franxa de tarde entre en 14%-16%.

Presentadores PresentadorProfesiónDuraciónInformación Arturo VallsPresentador de televisión, cómico e actor2011-presentePresentador titular Carlos SoberaPresentador de televisión e empresario teatral 1 programa (2013) Presentador o 8 de novembro de 2013 Jorge FernándezPresentador de televisión e actor 2 programas (2014 e 2018)Presentador o 22 de maio de 2014 e o 30 de outubro de 2018 Juanra BonetPresentador de televisión e actor1 programa (2016)Presentador o 13 de abril de 2016 Silvia AbrilActriz, humorista e presentadora de televisión1 de xullo de 2019-30 de agosto de 2019Presentadora substituta no verán de 2019

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Programas de Antena 3 Categoría:Concursos de televisión de España