Irina Ionesco, nada en París o 3 de setembro de 1930Certificado de nacemento e finada o 25 de xullo de 2022,Irina Ionesco, photographe controversée, est décédée foi unha fotógrafa francesa.
Traxectoria Era filla de inmigrantes romaneses. Pasou a maior parte da súa infancia en Constanza, Romanía, antes de trasladarse a París. Viaxou e pintou durante anos antes de descubrir a fotografía. O seu traballo é descrito coma erótico.
No 1974, expuxo parte do seu traballo na galería Nikon de París, atraendo moita atención sobre as súas obras. Posteriormente publicou en diversas revistas, libros e expuxo en diversas galerías ó redor do mundo.
Irina Ionesco foi quizais máis famosa polas súas imaxes mostrando a súa propia filla adolescente, Eva. Os espidos que caracterizou con Eva, provocaron controversia, xa que moitas destas imaxes mostraban unha adolescente en poses artísticas e eróticas; de maneira similar a outros traballos nos que os modelos, porén, si eran adultos.
Na meirande parte do seu traballo, Irina vestía as mulleres de maneira extravagante, adornadas con xoias, guantes e outros artigos de luxo. Mais tamén as adornaba con obxectos simbólicos coma gargantillas e outras pezas fetiche, posando provocativamente, ofrecéndose a si mesmas parcialmente espidas e coma meros obxectos sexuais a posuír.
Libros de Irina Ionesco Liliacées langoureuses aux parfums d’Arabie (1974) Femmes sans tain (1975) Nocturnes (1976) Litanies pour une amante funèbre (1976) Le temple aux miroirs (1977) ISBN 0-686-54740-3 Cent onze photographies érotiques (1980) Le divan (1981) Les Passions (1984) ISBN 2-903901-05-8 The eros of Baroque (1988) Les immortelles (1991) ISBN 2-85949-128-7 Egypte chambre noire (1991) Méditerranéennes (1991, con Elisabeth Foch) ISBN 2-85949-124-4 Kafka ou le passant de Prague (1992) ISBN 2-7107-0483-8 TransEurope (1994) Metamorphose de la Medusa (1995; modelo Hiromi Koide) Nudes (1996) ISBN 3-908162-52-1 Eva: Eloge De Ma Fille (2004) ISBN 0-9727073-1-X L'œil de la poupée (2004; con Marie Desjardins) ISBN 2-7210-0485-9 R (2004) ISBN 4-309-90604-4 Le Japon Interdit (2004) ISBN 2-9523045-0-5 Master Set, Edition YNOX París (2014), ISBN 978-2-36699-017-1 Sylvia Kristel, Edition YNOX París (2014), ISBN 978-2-36699-012-6 (Edición en branco e negro) & ISBN 978-2-36699-013-3 (Edición en cor)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da artista
Categoría:Fotógrafos de Francia Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en París