O Castro da Galán é un poboado castrexo situado na parroquia de Oseiro (Arteixo). Ten planta circular duns 90 metros de diámetroBOP da Coruña, núm 69 páx 3918, 26 de marzo de 2008 catálogo do patrimonio artístico e cultural, aprobado en pleno 8-4-96..

Descrición Situado nun pequeno alto no val de Rañobre, nunha chaira na ladeira dos montes. Domina o acceso á Agra de Rañobre e á costa de Arteixo. O castro ten planta circular con parapetos baixos dos que só quedan os perímetros norte e oeste duns dous ou tres metros de alto. O castro é empregado como horta e pradeira.

O castro está entre liñas eléctricas de alta tensión.

Comparte antecastro co castro de Rañobre.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Galán