The 100 (en galego: Os 100) é unha serie de televisión estadounidense de ciencia ficción e drama creada por Jason Rothenberg e baseada na novela homónima escrita por Kass Morgan. Está protagonizada por Eliza Taylor, Paige Turco, Bob Morley, Marie Avgeropoulos e Henry Ian Cusick e foi estreada o 19 de marzo de 2014.

O 8 de maio de 2014, The CW anunciou a renovación da serie para unha segunda tempada, que foi estreada o 22 de outubro de 2014 e consta de 16 episodios.

O 11 de xaneiro de 2015, a serie foi renovada para unha terceira tempada, que foi estreada o 21 de xaneiro de 2016.

O 11 de marzo de 2016, The CW renovou a serie para unha cuarta tempada.

Sinopse

Primeira tempada Noventa e sete anos atrás, a Terra foi destruída por unha guerra nuclear. Só catrocentas persoas lograron salvarse en doce naves que foron enviadas ao espazo. No presente, as doce naves están conectadas como unha soa chamada A Arca, que viu incrementar a súa poboación a case catro mil acodes, o que derivou na escaseza de alimentos. As autoridades da Arca tomaron medidas como o control de natalidade e a pena de morte para garantir a súa supervivencia. En segredo, enviaron a un grupo de cen novos delincuentes á Terra para pescudar se o planeta é habitable novamente. Para os mozos é un planeta totalmente descoñecido e deben deixar ó lado as súas diferenzas para enfrontarse ós perigos e asegurar a supervivencia da especie humana e a deles mesmos.

Segunda tempada Clarke, Finn, Raven e Bellamy loitan por rescatar aos corenta e sete mozos que continúan en Monte Weather antes de que sexan drenados para tratar as enfermidades dos habitantes da montaña. Abby, Kane e Jaha tentan manter á súa xente unida e atopar máis sobreviventes do resto das naves. Ambos os grupos deben enfrontarse aos homes da montaña, quen interfiren as súas comunicacións e atácanos con perigosas e tóxicas armas; así como aos terrícolas, cuxa líder clama vinganza polo masacre dos habitantes dunha tribo a mans de Finn, polo que Clarke debe tomar unha dolorosa decisión.

Terceira tempada Os habitantes de Arcadia, dirixidos por Abby, mantéñense en paz cos terrestres do pobo Arbóreo dirixido por Indra mentres buscan a outros sobreviventes da Arca. Mentres tanto, o equilibrio de forzas dos clans terrestres pende dun fío desde que a comandante Lexa fixese un trato co Monte Weather, que é tachado de mostra de debilidade e fíxolle perder a confianza do clan da Nación do Xeo.

Clarke, que tras o sucedido no Monte Weather deixou á súa xente, é buscada polas diferentes tribos terrestres que pretenden asasinala e así obter a súa forza.

Elenco principal 150px|miniatura|Kelly Hu. miniatura|150px|Henry Ian Cusick. Actor Personaxe Tempada 1 2 34 567 Eliza Taylor Clarke Griffin Principal Paige Turco Abigail Griffin Principal Thomas McDonell Finn Collins Principal Eli GoreeAunque aparece unicamente en tres episodios, Eli Goree es acreditado como principal Wells Jaha Principal Convidado Marie Avgeropoulos Octavia Blake Principal Bob Morley Bellamy Blake Principal Kelly HuAínda que aparece unicamente nun episodio, Kelly Hu é acreditada como principal Callie "Cece" Cartwig Principal Christopher Larkin Monty Green Principal Devon Bostick Jasper Jordan Principal Isaiah Washington Thelonious Jaha Principal Henry Ian Cusick Marcus Kane Principal Lindsey Morgan Raven Reyes Recorrente Principal Ricky Whittle Lincoln Recorrente Principal Richard Harmon John Murphy Recorrente Principal Zach McGowan Roan RecorrentePrincipalConvidadoTasya TelesEcho kom AzgedaConvidadoRecorrentePrincipal

Episodios Tempada Episodios Emisión orixinal Inicio Final 1 13 19 de marzo de 2014 11 de xuño de 2014 2 16 22 de outubro de 2014 11 de marzo de 2015 3 16 21 de xaneiro de 2016 19 de maio de 2016 4 13

Produción

Desenvolvemento En xaneiro de 2013, The CW anunciou que ordenou a realización dun piloto baseado no libro de Kass Morgan, The 100. O 9 de maio, foi anunciado que a cadea recollería o piloto para desenvolver unha serie para a tempada 2013-2014. Finalmente, o 12 de xuño foi revelado que a estrea da serie sería relegado para a metade da tempada.

Casting O 28 de febreiro de 2013, foron anunciados Eliza Taylor como Clarke, a líder do grupo que é enviado á Terra; Marie Avgeropoulos como Octavia, unha filla nada ilegalmente que vive cativa; Henry Ian Cusick como o concelleiro Kane, Bob Morley como Bellamy, o irmán de Octavia e Eli Goree como Wells Jaha. En marzo de 2013, foron anunciadas as incorporacións de Paige Turco como Abbie, a nai de Clarke; Isaiah Washington, como Jaha, o líder dos sobreviventes; Christopher Larkin como Monty, quen usa a súa intelixencia e sentido do humor para axudar a Clarke e Kelly Hu como "Cece" Cartwig, a xefa de comunicacións na estación espacial. Thomas McDonell como Finn e Devon Bostick como Jasper foron anunciados poucos días despois.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2014