Santa María de Bascuas é unha parroquia do concello de Lugo situada a 9 quilómetros da capital da provincia na comarca de Lugo.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 76 habitantes (35 homes e 41 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 88 habitantes.

Discorre por esta parroquia parte do Camiño Primitivo de Santiago. Entre o seu patrimonio destaca a igrexa parroquial, construída enriba dun antigo asentamento castrexo, un antigo forno no que se facía pan para os peregrinos, unha pequena capela consagrada á Virxe, restos dunha antiga torre defensiva medieval e diversos petróglifos.

Nesta parroquia encóntrase unha canteira de tamaño medio na que se extrae granito.

Lugares e parroquias Lugares de Bascuas

Parroquias de Lugo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lugo

Categoría:Parroquias de Lugo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María