Santo Hormisdas I, nado en Frosinone e finado en Roma o 16 de agosto de 523, foi elixido papa o 20 de xullo de 514. Antes de ser ordenado sacerdote estaba casado e é o pai do futuro papa Silverio.
Traxectoria No ano 525 encargoulle a Dionisio o Exiguo, un astrónomo e abade dun mosteiro romano, estabelecer como ano primeiro da era cristiá o do nacemento de Xesús. Dionisio errou nos seus cálculos, segundo agora se sabe, pois datou o reinado de Herodes I o Grande uns seis anos antes. Dionisio deduciu que Xesús nacera no ano 753 da fundación de Roma, cando en realidade correspondía ao 748.
Durante o seu pontificado san Bieito de Nursia fundou a orde dos beneditinos e a famosa abadía de Montecassino, destruída en 1944 nun bombardeo.
Estabeleceu que os bispados deixasen de ser outorgados por privilexios.
Faleceu en Roma o día 6 de agosto de 523.
Categoría:Papas Categoría:Finados en 523