Xoán III (Roma – 13 de xuño de 574) foi Papa da Igrexa católica do 17 de xullo de 561 ata a súa morte.
Procedía dunha familia distinguida, fillo dun tal Anastasio que tiña o título de Illustris. Pouco é o que se coñece do seu pontificado, coincidiu co tempo da invasión longobarda e practicamente todos os rexistros papais foron destruídos. Porén sábese que restaurou as catacumbas romanas e conseguiu restaurar a unidade no seo da Igrexa católica logo da ruptura das igrexas de Milán, Rávena e o norte de África que se producira no pontificado de Vixilio.
Categoría:Papas Categoría:Finados en 574