Sabiniano, nado probablemente en Bleda preto de Viterbo, en Italia e finado en Roma no ano 606, foi o papa n.º 65 da Igrexa católica, e probablemente consagrado papa o 13 de setembro de 604.

Pontificado Durante o seu pontificado, foi un personaxe altamente impopular polas súas economías, malia que o Liber pontificalis indica que distribuíu gran no transcurso dunha fame en Roma.

O erudito italiano Augustin Onofrio Panvinio (1529-1568), no seu Epitome pontificum Romanorum (Venecia, 1557) atribúelle a introdución do uso de tocar as campás ás horas canónicas e no momento da celebración da Eucaristía. Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina na Catholic Encyclopedia Papa Sabiniano no Google Book : Histoire des papes (publicación do ano 1732)

Categoría:Papas Categoría:Finados en 606