A Torre Turkmenistán (en turcomán: «Türkmenistan» teleradio merkezi) é unha torre de comunicacións e de observación en Achkhabad, Turkmenistán. Foi completada en 2011. Con 211 metros, é a torre e edificio máis alto de Turkmenistán.
Historia A construción comezou en 2008 pola compañía turca Polimeks.
Foi completada o 17 de outubro de 211 coa participación do Presidente de Turkmenistán Gurbanguly Berdimuhamedov, inaugurando a cerimonia inaugural oficial.
Funcións A principal función da torre é o servizo de TV e antenas de radiocomunicación, malia iso, a torre tamén conta cun grande atractivo turístico. O radio do sinal da antena é de 100 quilómetros. Polo momento, a torre emite TV analóxica, TV dixital e radio. Os clientes da torre son:: Altyn Asyr, Yashlyk, Miras, Turkmenistan, Turkmen owazy, Ashgabat e Turkmen Sport.
Cunha altura de 145 metros (planta 29), localízase un restaurante cunha combinacio´n de elementos nacionais e novas tendencias. Dende o que podes ollar as vistas de Achkhabad cunha vista panorámica da cidade. Na planta 28 hai unha VIP room.
A decorativa octagonal "Estrela de Oguzkhan" é recoñecida como a imaxe arquitectónica dunha estrela maior do mundo polo Libro Guinness dos Récords.LARGEST ARCHITECTURAL STAR RECORD SET IN TURKMENISTAN
Notas
Categoría:Torres