Hồ Xuân Hương (Chữ nho: 胡春香), nada en 1772 e finada en 1822, foi unha poetisa vietnamita do final da dinastía Lê.

Traxectoria Non se sabe con certeza moito da súa vida. Durante moito tempo pensouse que era a filla máis nova dun letrado de nome Hồ Phi Diễn (1703/1704-1786), que viviu no lugar de Quỳnh Đôi, na provincia de Nghệ Anpero a familia marchou a Hanoi pouco despois do seu nacemento e ali pasou a súa infancia.

Non obstante, investigacións máis recentes, realizadas por Trần Thanh Mai, naceu en Quỳnh Đôi e o seu pai sería tamén un letrado pero de nome ;Hồ Sĩ Danh (1706-1783).Trần Thanh Mai Revue Văn học, no 10, 1964.

Fose quen fose seu pai viviu en Hanoi, converténdose nunha celebridade local, coñecida polos seus poemas, sutís e cheos de espírito. Parece que casou dúas veces, primeiro como esposa de segundo rango, ou (concubina), do rexedor de Vinh–tường, quen morreu ao pouco, e logo doutro notable local, o xefe de cantón, Tổng Cóc que faleceu seis meses despois do seu matrimonio.

Pasou o resto da súa vida nunha pequena casa preto do lago do Oeste en Hanoi, recibindo visitas, en moitas ocasións de poetas, cos que realizaba xustas poéticas.

Obra Durante a súa vida e despois da súa morte, os seus poemas transmitíronse por vía oral ou recollidos por amigos, o que orixinou moitas variantes. A primeira colección realizouse a primeiros do século XX. Atribúenselle uns sesenta poemas en nôm (lingua popular, o vietnamita). En 1964 descubriuse unha unha colección de poemas con 24 composicións en chinés e 28 en chữ nho, que total ou parcialmente sería da man de Hồ Xuân Hương. A súa poesía amosa unha muller independente de espírito e rebelde que ía contra as normas morais e éticas do confucianismo para as mulleres, con poemas irreverentes e cheos de dobre sentido mais eruditos.

Notas

Categoría:Finados en 1822 Categoría:Nados en 1772 Categoría:Nados en Vietnam Categoría:Escritores en lingua vietnamita Categoría:Escritores en lingua chinesa