240px Uzbekistán en laranxa e Kirguizistán en verde. Tipo Barreira fronteiriza Localización Kirguizistán Construción 1999 Tipo Zona de conflito A Barreria de Uzbekistán e Kirguizistán é unha barreira fronteiriza feita para previr a infiltración terrorista. A construción comezou en 1999 após ataques bomba en Tashkent, capital uzbeka, feita por organizacións Islámicas procendentes de Kirguizistán. O valado, unilateralmente erguido en territorio disputado causou dificultades económicas nas áreas agrícolas do val do Fergana e separou moitas familias nesta rexión tradicionalmente integrada.

Efectos e consecuencias Consecuencias económicas Sucesos coma a eliminación dunha sección de 2 metros de valado na estrada entre Osh e a pequena cidade provincial de Aravon en xaneiro do 2000, provocou frustración na poboación local da rexión fronteiriza e cidadáns uzbekos aproveitaron para facer contrabando e enviar bens a Kirguizistán para alí vendelos.

O 14 de maio de 2005, un día despois do masacre de Andijan, uzbekos locais tomaron o control en Qorasuv cidade fronteiriza con Kirguizistán, tomando edificios do goberno e atacando ao alcalde. Centos de uzbekos tentaron saír do país pola situación política e dous pontes foron reconstruídas cun esforzo para revivir o comercio con Kirguizistán.

Conflitos entre comunidades O sur de Kirguizistán é fogar dunha visíbel minoría uzbeka. Nos anos 90, ao comezo da construción da barreira, provocouse unha tensión entre uzbekos e a maioría kirguiz, levando a altercados que provocaron 170 mortos. As seguidas disputas de territorio entre Kirguizistán e Uzbekistán en 1999 foron engadidas nas tensións.

Notas

Categoría:Uzbekistán Categoría:Kirguizistán